Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Xoves, 06 de xullo de 2000 Páx. 10.567

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de marzo de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación da iniciación do expediente C-65/1999 sancionador de caza, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de

novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e derradeiro enderezo coñecido que se sinalan a continuación, as iniciacións dos correspondentes expedientes sancionadores por infracción á Lei 4/1997, do 25 de xuño, de caza en Galicia, (DOG do 11 de xullo).

Noméase instructora do procedemento a Paloma Quiroga López e secretaria a Mª Concepción Ameijide Rodríguez-Moldes, funcionarias da Xunta de Galicia. A resolución será acordada polo director xeral da Consellería de Medio Ambiente (Decreto 482/1997, do 30 de decembro, DOG do 8-1-1998), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente).

O denunciado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución para que poida examina-lo expediente nesta delegación provincial, sita na Ronda da Muralla, 70, e presenta-las alegacións e os documentos que considere convenientes na súa defensa, así como para a recusación das persoas designadas como instructora e secretaria en calquera momento da tramitación do procedemento.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta delegación provincial.

Lugo, 22 de marzo de 2000.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: C-65/1999.

Denunciado: Manuel Castro Soengas.

DNI: 13.050.222.

Enderezo: r/ Santo Domingo, nº 1 baixo Victoria.

Feitos imputados: cazar cunha arma semiautomática provista de cargador que pode conter máis de dous cartuchos (portaba catro cartuchos), en terreo sometido a réxime cinexético especial. Feitos constatados o día 17-10-1999 en Monterroso.Lugo.

Preceptos infrinxidos: 58.25º da Lei 4/1997.

Cualificación infracción: grave.

Sanción: 100.001 ptas.

Retirada da licencia de caza e inhabilitación para obtela dun ano e un día.