Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 05 de xullo de 2000 Páx. 10.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LOUSAME

ANUNCIO de contratación por concurso.

O Concello de Lousame convoca licitación pública para adxudicación por concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, da seguinte obra, incluída no Plan provincial de infraestructuras 2000: camiño Portonsil e outros.

A. Prego de cláusulas administrativas particulares.

É de aplicación o prego tipo de cláusulas administrativas particulares que rexerán a contratación, mediante concurso, con procedemento aberto..., da deputación provincial publicado no BOP nº 77, correspondente ó 3-4-2000.

B. Cadro de características do contrato.

1. Proxecto: camiño Portonsil e outros.

2. Orzamento: 13.730.975 pesetas.

3. Aplicación orzamentaria: 611.00.

4. Prazo de execución: 6 meses.

5. Clasificación: non se esixe.

6. Lugar de presentación de ofertas: casa do concello, Portobravo, nº 1. Oficinas xerais.

7. Prazo de presentación de ofertas: 13 días naturais seguintes ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

8. Garantía provisoria: non esixible.

9. Garantía definitiva: 4% sobre prezo de adxudicación.

10. Revisión de prezos: non procede.

11. Control de calidade: esixible, sen prexuízo do establecido no anexo III.

12. Lugar onde se poden obter copias do proxecto e prego de cláusulas administrativas particulares: Selecom 99 S.L. Copynoia. Rúa de Galicia, 54 b esquerda. Noia.

ANEXO I

Modelo de proposición.

Don/na..... con domicilio en..... rúa..... nº teléfono..... con DNI (pasaporte ou documento que o substitúa) nº.....; actuando en nome propio (ou ben, en representación de..... DNI ou CIF..... e con domicilio social en.....); toma parte no concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, para adxudicación das obras comprendidas no proxecto: camiño de Portonsil e outros, e para estes efectos fai constar:

1. Que ofrece o prezo de (en letra e cifras)..... pesetas IVE incluído, que significa unha baixa de..... pesetas en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigas se deriven do prego de cláusulas administrativas particulares da presnte licitación, así como os criterios de avaliación establecidos en anexo III.

3. Que achega a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En..... o..... de..... de 2000.

O/A licitador/a. Asinado e rubricado.

ANEXO II

Modelo de sobre.

Proposición para tomar parte no procedemento de contratación das obras: camiño Portonsil e outros, presentada por......

En..... o..... de..... de 2000.

O/A licitador/a.

ANEXO III

Opción B) criterios de avaliación, puntación (de 0 a .....).

1º Solvencia técnica: 10,00 (puntuación máxima).

2º Solvencia profesional: 10,00 (puntuación máxima).

3º Prezo: 8,50 (puntuación máxima).

4º Control de calidade externa promovido pola Administración na fase de execución da obra, por conta do adxudicatario: 8,50 (puntuación máxima).

5º Relación de obras da mesma clase executada nos últimos cinco anos anteriores e informes sobre ela: 8,50 (puntuación máxima).

6º Solvencia económica: 7,00 (puntuación máxima).

7º Prazo de execución: 7,00 (puntuación máxima).

Lousame, 26 de maio de 2000.

José Ramón Vidal Castelo

Alcalde