Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 05 de xullo de 2000 Páx. 10.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NIGRÁN

ANUNCIO da modificación das normas subsidiarias.

O Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o 28 de abril de 2000, aprobou con carácter inicial a proposta de modificación das normas subsidiarias de planeamento, relativa á ampliación do equipamento sanitario destinado ó Centro de Saúde do Val Miñor, na Ramallosa.

Por este anuncio sométese a información pública o expediente polo prazo dun mes, período durante o que poderá ser examinado e formularse alegacións. Asemade, faise pública a suspensión do outorgamento de licencias nas áreas afectadas.

Nigrán, 8 de maio de 2000.

José Manuel Rial Cadaval

Alcalde