Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 05 de xullo de 2000 Páx. 10.522

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA LARACHA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 31 de maio de 2000, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente a modificación puntual número catro das normas subsidiarias de planeamento do concello para cambio de posición dunha rúa de nova apertura que pasa por terreos de María Zas Caamaño.

Contra o acordo poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses a partir do seguinte ó desta publicación, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, podendo interpoñerse potestativamente recurso de reposición ante o Pleno do Concello no prazo dun mes.

Laracha, 1 de xuño de 2000.

José Manuel López Varela

Alcalde