Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 05 de xullo de 2000 Páx. 10.522

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FOZ

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na súa sesión do 26 de xuño de 2000, acordou aprobar inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Foz.

Consonte o disposto no artigo 42.1º da Lei do solo de Galicia acorduse a apertura do trámite de información pública polo prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia; durante o devandito prazo poderanse presentar cantas alegacións ou reclamacións se consideren pertinentes mediante escrito dirixido ó alcalde-presidente do concello.

Faise público igualmente que na citada sesión plenaria do 26 de xuño de 2000 se acordou, consonte o disposto no artigo 34.2º da Lei do solo de Galicia, a suspensión do procedemento de outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición, que afectará a todas aquelas zonas do territorio obxecto de pleneamento nas que as determinacións contidas no Plan xeral de ordenación municipal aprobado, inicialmente supoñan modificación do réxime urbanístico vixente e, expresamente, nos terrenos incluídos nas áreas de reparto AR-01 e AR-02.

Os efectos da suspensión do procedemento de outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición anteriormente referenciado terá unha duración dun ano contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, extinguíndose, en calquera caso, coa aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal.

Foz, 27 de xuño de 2000.

José María García Rivera

Alcalde