Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 05 de xullo de 2000 Páx. 10.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FOZ

EDICTO.

A Corporación Municipal, en sesión extraordinaria do día 5 de xuño de 2000, prestou a súa aprobación ó prego cláusulas administrativas particulares que rexerán no concurso para a adquisición de terreos con destino á edificación dunha estación de autobuses na vila de Foz, o cal se expón ó público por prazo de oito días hábiles contados a partir da publicación deste anuncio no BOP de Lugo, para que poidan presentarse reclamacións.

Simultaneamente comézase o prazo de presentación de ofertas, aínda que a licitación se aprazase cando resulte necesario no suposto de que se formulen reclamacións contra o prego de condicións segundo establecen os artigos 122 e 123 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril. O dito prazo será de quince días naturais contados desde o seguinte ó da publicación desta licitación no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o comezo do cómputo o da última publicación, segundo sinala cláusula 11 do prego:

1. Entidade adxudicataria: Concello de Foz.

2. Obxecto do contrato: adquisición de terreos con destino á edificación dunha estación de autobuses na vila de Foz.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Tipo de licitación: 14.000.000, IVE incluído.

7. Finanzamento e forma de pagamento.

Exercicio do ano 2000. Partida 432.680: 9.844.660 pesetas. Serán aboados no momento da formalización da correspondente escritura pública de compra-venda.

Exercicio do ano 2001: 4.155.340 pesetas. Este segundo pagamento na contía resultante do prezo da adxudicación resultante do concurso será aboado unha vez aprobado e vixente o orzamento municipal correspondente ó exercicio económico do ano 2001 e, en calquera caso, antes do 1 de xullo do devandito ano.

8. Duración do contrato: o contrato de compra-venda será a perpetuidade e a entrega do inmoble por parte do adxudicatario farase no momento da formalización da correspondente escritura pública de compra-venda.

9. Lugar de presentación das presentación: Secretaría Xeral do Concello de Foz, en horas de 9 a 14 (en man).

10. Prazo de presentación das proposicións: 15 días naturais contados a partir seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP e no DOG, tomando como día para o comezo do cómputo do prazo o seguinte ó da última publicación.

11. Fianza provisional: 375.000 pesetas.

12. Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

13. Apertura de plicas: salón de sesións da Casa do Concello de Foz, ás 11 horas do primeiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións.

14. Proposicións e documentación complementaria: as proposicións para tomar parte no concurso presentaranse en dous sobres lacrados (sobre A e sobre B) facendo constar en cada un deles o seu contido na forma que a seguir se indica:

Sobre A, que levará na súa carátula o lema, Documentación presentada por..... para tomar parte no concurso convocado polo Concello de Foz para a adquisición de terreos con destino a construcción dunha estación de autobuses na vila de Foz.

Neste sobre A incluirase a documentación seguinte:

a) Documento Nacional de Identidade ou fotocopia autenticada do concursante ou dos concursantes.

b) Número de identificación fiscal ou fotocopia autenticada do concursante ou dos concursantes.

c) Declaración xurada do concursante ou dos concursantes de non estar incurso/s en ningunha das circunstancias de prohibición para contratar coa Administración que establece o artigo 20 da Lei 13/1995, do 18 de maio.

d) Resgardo acreditativo do ter depositado fianza provisional.

e) Escritura de poder, se se actúa en representación doutra persoa, legalizado no seu caso e verificado na súa suficiencia polo secretario municipal.

f) Escritura de constitución da sociedade mercantil inscrita no Rexistro Mercantil cando concorra unha sociedade desta natureza xurídica.

g) Declaración xurada do representante legal da sociedade, debidamente acreditado e facultado, acreditativa de que a dita sociedade está ó día no pagamento das súas obrigas tributarias e da Seguridade Social.

Sobre B, que llevará na súa carátula o lema, Proposición económica presentada por..... para tomar parte no concurso convocado polo Concello de Foz para a adquisición de terreos con destino á construcción dunha estación de autobuses na vila de Foz.

Neste sobre B incluirase a documentación seguinte:

a) Proposición segundo o seguinte modelo:

D/Dª..... con enderezo en..... provisto de DNI nº..... e de NIF nº..... no seu propio nome (ou na representación de..... con CIF nº..... como acredita por.....), informado do concurso convocado polo Concello de Foz para a adquisición de terreos con destino á construcción dunha estación de autobuses na vila de Foz, anunciado no BOP nº..... de data..... e no Diario Oficial de Galicia nº..... de data..... co seu prego de cláusulas administrativas aprobado polo Concello Pleno na súa sesión do 5 de xuño de 2000, coñece e acepta integramente.

Oferta os terreos que a seguir se describen:

Situación:.....

Superficie: (expresada en metros cadrados).

Lindes:..... no prezo de..... (letra e número) pesetas, IVE incluído.

En..... o..... de..... de 2000. O concursante.

b) Título de propiedade dos terreos ofertados con documentación acreditativa da liberdade de carga e gravames do inmoble.

c) Plano de situación dos terreos ofertados, indicado sobre a cartografía das normas subsidiarias do planeamento do Concello de Foz.

d) Plano acoutado dos terreos ofertados.

Foz, 12 de xuño de 2000.

José María García Rivera

Alcalde