Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 05 de xullo de 2000 Páx. 10.488

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 6 de xuño de 2000 pola que se modifica a autorización do centro privado de artes plásticas e deseño Aula D de Vigo (Pontevedra), autorizando o ciclo formativo de grao superior de gráfica publicitaria en substitución do ciclo formativo de grao superior de arquitectura efémera.

Examinado o expediente presentado polo centro privado de artes plásticas e deseño Aula D de Vigo (Pontevedra), solicitando poder substituí-lo ciclo formativo de grao superior de arquitectura efémera (autorizado por Orde do 5 de maio de 1999 (DOG do 26 de maio), polo ciclo formativo de grao superior de gráfica publicitaria.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra que o envía cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4), de ordenación xeral do sistema educativo, Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que imparten ensinanzas de réxime xeral non universitarias; Real decreto 777/1998 (BOE 8 de maio), polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo; Decreto 296/1999 (DOG do 18 de novembro), polo que se desenvolven determinados aspectos dos currículos dos ciclos formativos de formación profesional específica na Comunidade Autónoma de Galicia; Orde do 21 de decembro de 1999 (DOG do 31 de xaneiro de 2000), pola que se regulan determinados aspectos relativos a autorización de centros privados exclusivos de formación profesional específica, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia; Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non

universitarias e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que desenvolve o antedito decreto.

Considerando que concorren no expediente os requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo centro privado de artes plásticas e deseño Aula D de Vigo para poder imparti-lo ciclo formativo de grao superior de gráfica publicitaria da familia profesional de deseño gráfico (2 unidades para 30 postos escolares/unidade), en substitución do ciclo formativo de grao superior de arquitectura efémera da familia profesional de deseño de interiores, quedando a composición do centro como se especifica no anexo desta orde.

Segundo.-Para as ensinanzas que se autorizan, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo de informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia no dito centro.

Terceiro.-Queda o centro obrigado ó cumprimento da lexislación vixente e a solicita-la oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Localidade: Vigo.

Enderezo: rúa Ourense, nº 4, patio central, baixo.

Código do centro: 36024011.

Denominación xenérica: centro de artes plásticas e deseño.

Denominación específica: Aula D.

Titular: Aula D-C. B

Composición resultante:

Familia profesional: deseño gráfico.

-1 ciclo formativo de grao superior de gráfica publicitaria (2 unidades para 30 postos escolares/unidade).

Familia profesional: deseño de interiores.-1 ciclo formativo de grao superior de proxectos e dirección de obras de decoración (2 unidades para 30 postos escolares/unidade).