Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 05 de xullo de 2000 Páx. 10.488

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2000 conxunta da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento da Consellería da Presidencia e Administración Pública e da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, pola que se adxudican as bolsas para formación en temas de investigación agraria de técnicos especialistas das ensinanzas dos ciclos formativos de grao medio, superior ou equivalentes en especialidades agrarias, convocadas no anexo V da Orde do 14 de abril de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 25 de abril).

A Orde do 14 de abril de 2000 (DOG do 25 de abril), pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas e de bolsas correspondentes ó Programa de investigación agraria do Plan galego de IDT, prevé no anexo V, a concesión de bolsas para formación en temas de investigación agraria de técnicos especialistas das ensinanzas dos ciclos formativos de grao medio, superior ou equivalentes en especialidades agrarias.

As solicitudes admitidas para participar na dita convocatoria foron estudiadas pola correspondente comisión designada para o efecto. De acordo coa proposta elaborada pola dita comisión.

RESOLVO:

Primeiro.-Concedérlle-las bolsas de formación en temas de investigación agraria de técnicos especialistas das ensinanzas dos ciclos formativos de grao medio, superior ou equivalentes en especialidades agrarias os seguintes solicitantes, de acordo coa puntuación acadada:

* Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

Titular: Domínguez Piñeiro, Eva Mª.

Suplente: González, Martínez, Juan Carlos.

* Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia

Titular: Aguión Sandá, Mª de los Ángeles.

Suplente: Gancedo Muriente Nuria.

Segundo.-No caso de producirse a renuncia dos seleccionados en primeiro lugar, poderán cubrirse as vacantes cos suplentes seleccionados como tales.

Terceiro.-O financiamento dos custos das bolsas outorgadas farase con cargo á aplicación orzamentaria 04.07.432A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma, do xeito seguinte:

Ano 2000: 1.430.000 ptas. (8.594,47 euros).

Ano 2001: 1.020.000 ptas. (6.130,32 euros).

As prórrogas dun ano se as houbese financiaranse con cargo á aplicación 09.02.432A.480.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.

Cuarto.-Esta resolución non pon fin á vía administrativa, e contra ela poderán os interesados interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2000.

Miguel Ángel Ríos FernándezJosé Mariano Pérez Fernández

Secretario xeral de InvestigaciónDirector xeral de Desenvolvemento

e DesenvolvementoRural