Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Mércores, 05 de xullo de 2000 Páx. 10.486

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2000 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 22 de xuño de 2000, polo que se modifica a relación de postos de traballo da Secretaría Xeral para o Deporte da Consellería da Presidencia e Administración Pública.

O Decreto 146/2000, do 19 de maio (DOG nº 116, do 15 de xuño), polo que se modifica a estructura orgánica dos centros directivos dependentes da Presidencia da Xunta, no seu artigo único dá nova redación ó artigo 7 do Decreto 261/1994, do 29 de xullo, modificado polo Decreto 71/1995, do 10 de marzo, no que se regula a estructura e funcións da Secretaría Xeral para o Deporte.

Todo isto fai necesario modifica-la relación de postos de traballo da devandita secretaría xeral.

En consecuencia, por proposta da Consellería da Presidencia e Administración Pública, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma de Galicia e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de

Galicia, na súa reunión do vintedous de xuño de dous mil, adoptou o seguinte

ACORDO:

1º Modifica-la vixente relación de postos de traballo da Secretaría Xeral para o Deporte da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

2º Ordena-la publicación de dita modificación no Diario Oficial de Galicia para efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do vintedous de xuño de dous mil, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Secretaría Xeral para o Deporte da Consellería da Presidencia e Administración Pública, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2000.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

ANEXO

Na relación de postos de traballo da Consellería da Presidencia e Administración Pública, publicada no DOG nº 227, do 27 de novembro de 1995, prodúcense as seguintes modificacións:

Persoal funcionario

-Na páxina 8.675, no centro de destino SUBDIREC. XERAL INFRAESTRUCT. DEPORTIVA, o posto PR.P04.00.002.15570.018.-XEFE SECCIÓN OBRAS DEPORTIVAS, modifícase como segue:

Código do posto: PR.P04.00.002.15570.018.

Denominación: XEFE SECCIÓN OBRAS DEPORTIVAS.

Vacante: SI.

Nivel: 25.

Complemento específico: 1.216.404.

Tipo posto: N.

Forma provisión: C.

Grupo: AB.

Corpo/escala: ESPECIAL.

Titulación académica: 3015.

-Na páxina 8.680, no centro de destino INEF-GALICIA (BASTIAGUEIRO-OLEIROS), o posto PR.P49.40.101.15570.001.-XERENTE, modifícase como segue:

Código do posto: PR.P49.40.101.15570.001.

Denominación: XERENTE.

Vacante: SI.

Nivel: 28.

Complemento específico: 1.459.680.

Tipo posto: S.

Forma provisión: LD.

Grupo: AB.

Corpo/escala: XERAL.

No devandito DOG e nas páxinas que se especifican a continuación substitúense tódolos postos dos centros de destino que se relacionan polos seguintes: