Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 04 de xullo de 2000 Páx. 10.473

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CELANOVA

EDICTO.

O Pleno da Corporación Municipal, na sesión extraordinaria celebrada o día 31 de maio do ano actual, adoptou acordo, referido á execución mediante actuación illada en solo urbano, utilizando, se fose preciso, expropiación de bens, para apertura da seguinte rúa prevista no planeamento local:

-Tramo de rúa entre avenida Francisco González Rei e confluencia da rúa Pedra da Moa e avenida López Blanco (rúa entre a estrada de Ourense e rúa Pedra da Moa).

A parte dispositiva do devandito acordo, adoptado por unanimidade, é tal como seguidamente se transcribe:

Primeiro.-Realizar actuación directa e illada por este concello para executar obras, seguindo o procedemento ordinario das municipais, ata a apertura da rúa entre a estrada de Ourense e Pedra da Moa.

Segundo.-Prestar aprobación inicial ó proxecto de urbanización da devandita rúa coas determinacións do planeamento local, no que consta relación descritiva e avaliada de bens que se van ocupar, de acordo coas normas valorativas da Lei estatal 6/1998, do 13 de abril.

Terceiro.-Logo dos trámites legais para a aprobación definitiva do proxecto de urbanización, iniciar e seguir expedientes para expropiación forzosa, se fose necesario, seguindo procedemento ordinario e, en todo caso, para imposición de contribucións especiais, fixando como cifra máxima de reparto o 90% do custo total calculado baixo os conceptos legais que se precisarán na ordenanza especial que se aprobe para a referida obra, permitindo a compensación de cota do imposto e aprecio de bens que se van ocupar.

O que se fai público para xeral coñecemento e, de conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, de réxime do solo en Galicia e demais de aplicación, ábrese a fase de información pública durante o prazo dun mes, computado de data a data, desde o seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), para que poidan presentarse alegacións contra o contido do referido acordo no que se refire ó réxime de actuación urbanística e a aprobación inicial do proxecto de urbanización, xa que sobre cuestións posteriores a aprobación definitiva, se é o caso, deste proxecto, adoptaranse os acordos correspondentes que poderán ser obxecto de exame, alegacións e recursos no seu momento oportuno.

Celanova, 22 de xuño de 2000.

O alcalde

Rubricado