Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 04 de xullo de 2000 Páx. 10.473

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

CONVOCATORIA dos Premios de Investigación González Llanos, Concepción Arenal, Enxeñeiro Comerma e Antonio Usero. 2000-2001.

O Concello de Ferrol e a Universidade da Coruña convocan estes premios co fin de apoiar e impulsa-los labores de investigación realizados no ámbito universitario e no mundo empresarial nas áreas de enxeñería naval, humanidades, enxeñería industrial e nas áreas de saúde e relacións laborais respectivamente. Estes premios terán carácter bianual, convocándose para o ano 2000 os Premios de Investigación Gonzalez Llanos de enxeñería naval e Concepción Arenal de humanidades, e para o ano 2001 os Premios de Investigación Enxeñeiro Comerma de enxeñería industrial e Antonio Usero da área de relacións laborais. Cada galardón estará dotado con 2.000.000 de pesetas. Prazo de presentación de solicitudes: antes do 15 de setembro do ano correspondente a cada convocatoria. Máis información: http://www.cdf.udc.es; teléfono: 981 33 74 00, extensión: 3659. Correo electrónico: premiosinv*ares.six.udc.es.

Ferrol, 23 de xuño de 2000.

Manuel José Recuero Astray

Vicerrector do campus de Ferrol