Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 04 de xullo de 2000 Páx. 10.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2000, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva da contratación de subministracións SCC-39/1999, para a adquisición do equipamento con destino ó Centro de Saúde de Monforte de Lemos (Lugo) (4 lotes).

En cumprimento do disposto no artigo 94.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións:

Adquisición do equipamento con destino ó centro de saúde de Monforte de Lemos (4 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCC-39/1999.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición do equipamento sanitario.

c) Lote: catro lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 138, do 20 de xullo de 1999.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trinta e tres millóns cincocentas cincuenta e nove mil seiscentas pesetas, IVE incluído (33.559.600 pesetas, IVE incluído), 201.697,26 euros.

Lote nº 1: 9.761.600 ptas. 58.668,40 euros.

Lote nº 2: 9.093.000 ptas. 54.650,03 euros.

Lote nº 3: 6.876.000 ptas. 41.325,59 euros.

Lote nº 4: 7.829.000 ptas. 47.053,24 euros.

Adxudicacións:

Lote nº 1: moblaxe xeral.

a) Data: 13 de setembro de 1999.

b) Contratista: Imagen, Hostelería e Oficinas, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: sete millóns sesenta e unha mil cincocentas corenta pesetas, IVE incluído (7.061.540 ptas., IVE incluído), 13.222,27 euros.

Lote nº 2: cadeiras.

a) Data: 13 de setembro de 1999.

b) Contratista: Tecam Oficinas, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: seis millóns setecentas unha mil trecentas unha pesetas, IVE incluído (6.701.301 ptas., IVE incluído), 40.275,63 euros.

Lote nº 3: moblaxe clínica.

a) Data: 13 de setembro de 1999.

b) Contratista: Keiner, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: seis millóns duascentas noventa e unha mil duascentas sesenta e catro pesetas, IVE incluído (6.291.264 ptas., IVE incluído), 37.811,26 euros.

Lote nº 4: aparellos.

a) Data: 13 de setembro de 1999.

b) Contratista: Boente, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: cinco millóns trecentas noventa e nove mil cincocentas oito pesetas, IVE incluído (5.399.508 ptas., IVE incluído), 32.451,70 euros.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade

co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2000.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos

Económicos