O Pleno da Corporación Municipal, na sesión extraordinaria celebrada o día 31 de maio do ano actual, adoptou acordo, referido á execución mediante actuación illada en solo urbano, utilizando, se fose preciso, expropiación de bens, para apertura da seguinte rúa prevista no planeamento local:
-Tramo de rúa entre avenida Francisco González Rei e a rúa Venezuela (lateral ó centro de saúde).
A parte dispositiva do devandito acordo, adoptado por unanimidade, é tal como a seguir se transcribe:
Primeiro.-Realizar actuación directa e illada por este concello para executar obras, seguindo o pro
cedemento ordinario das municipais, no tramo de rúa entre a avenida González Rei e rúa Venezuela (lateral ó centro de saúde).
Segundo.-Prestar aprobación inicial ó proxecto de urbanización da devandita rúa coas determinacións do planeamento local, no que consta relación descritiva e avaliada de bens que se van ocupar, de acordo coas normas valorativas da Lei estatal 6/1998, do 13 de abril.
Terceiro.-Logo dos trámites legais para a aprobación definitiva do proxecto de urbanización, iniciar e seguir expedientes para expropiación forzosa, se fose necesario, seguindo procedemento ordinario e, en todo caso, para imposición de contribucións especiais, fixando como cifra máxima de reparto o 90% do custo total calculado baixo os conceptos legais que se precisarán na ordenanza especial que se aprobe para a referida obra, permitindo a compensación de cota do imposto e aprecio de bens que se van ocupar.
O que se fai público para xeral coñecemento e, de conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, de réxime do solo en Galicia e demais de aplicación, ábrese a fase de información pública durante o prazo dun mes, computado de data a data, desde o seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), para que poidan presentarse alegacións contra o contido do referido acordo no que se refire ó réxime de actuación urbanística e a aprobación inicial do proxecto de urbanización, xa que sobre cuestións posteriores a aprobación definitiva, se é o caso, deste proxecto, adoptaranse os acordos correspondentes que poderán ser obxecto de exame, alegacións e recursos no seu momento oportuno.
Celanova, 22 de xuño de 2000.
O alcalde
Rubricado