Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 04 de xullo de 2000 Páx. 10.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o proceso de licitación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, tramitación ordinaria, do contrato de consultoría e asistencia Bases provisionais e definitivas de concentración parcelaria na zona de Ánxeles-Calvente-Pasarelos (Oroso).

Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial da Coruña.

Obxecto do contrato.

-Descrición: bases provisionais e definitivas de concentración parcelaria na zona de Ánxeles-Calvente-Pasarelos (Oroso). CO00/213.023.

-Lugar de execución: Oroso (A Coruña).

-Plazo de execución: 22 meses a partir da sinatura do contrato.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma de adxudicación: concurso.

Orzamento base de licitación: 29.413.046 pesetas (176.775,97 euros).

Garantías.

-Provisional: non se esixe.

-Definitiva: 4% del prezo de adxudicación.

Obtención de documentación e información.

-Entidade: delegación provincial da Consellería de Agricultura, Gandería y Política Agroalimentaria.

-Enderezo: praza Luís Seoane, edificio administrativo Monelos, 3ª planta.

-Localidade e código postal: A Coruña, 15008.

-Teléfonos: 981 18 45 22 e 981 18 45 11.

-Fax: 981 18 46 51.

-Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións, tódolos días favorables, excepto sábados, desde al 9 ás 14 horas.

Requisitos específicos do contratista.

-Os indicados na cláusula 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Clasificación: non é necesaria.

Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

-Data límite de presentación: 15 días naturales contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

-Documentaicón que hai que presentar: a indicada na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Lugar de presentación: rexistro da delegación provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, praza Luís Seoane, edificio administrativo, 3ª planta. A Coruña, 15008, ou por calquera das vías admitidas polo artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, e tendo en conta o contido da cláusula 9.1º do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

-Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura de ofertas.

-Entidade: delegación provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria.

-Enderezo: praza Luís Seoane, edificio administrativo Monelos, 3ª planta. A Coruña, 15008.

-Data: o sétimo día desde o da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil ou sábado, posporase ó primeiro día hábil seguinte.

-Hora: 12 horas.

Outras informacións.

-Pregos de cláusulas administrativas particulares e pregos de prescricións técnicas: para obter copias hai que dirixirse á Copistería Copymil, teléfono: 981 13 54 76.

-Os licitadores deberán xustifica-la solvencia económico-financeira a través dun informe de institucións financeiras, de conformidade co artigo 16.1º a) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administacións públicas. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase mediante unha relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos, que inclúa importes, datas e beneficiarios públicos ou privados, de conformidade co artigo 19 b) da LCAP.

Gasto do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

A Coruña, 26 de junio de 2000.

Rogelio del Valle Muñoz-Cobo

Delegado provincial da Coruña