Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 04 de xullo de 2000 Páx. 10.467

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 28 de xuño de 2000 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso e procedemento aberto, do proxecto e execución das obras que se citan. (Clave OH.515.466 e outra máis).

A) Obra.

1. Renovación da ETAP e saneamento en Muxía. (Muxía-A Coruña).

Clave: OH.515.466.

Orzamento estimado máximo: douscentos corenta e seis millóns de pesetas (246.000.000 de ptas., equivalente a 1.478.489,777 euros).

Prazo de execución: 36 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría d. Grupo K, subgrupo 8, categoría d.

Fianza provisional: non se esixe.

2. Saneamento integral de Valga-primeira fase. (Valga-Pontevedra).

Clave: OH.336.434.

Orzamento estimado máximo: trescentos setenta e un millóns seiscentas cinco mil setecentas oitenta e dúas pesetas (371.605,782 ptas. equivalentes a 2.233.395,730 euros).

Prazo de execución: 30 meses.

Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría e. Grupo K, subgrupo 8, categoría e.

Fianza provisional: non se esixe.

B) Documentos de intesese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de bases, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, no organismo autónomo Augas de Galicia -Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda-, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixirase a fianza provisional indicada na letra A) anterior, e unha fianza definitiva equivalente ó 4% do orzamento de licitación, para cada unha das obras sinaladas no dito punto.

As devanditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do día 31 de agosto de 2000.

F) Admisión de variantes.

Admítese a presentación de dúas variantes en relación co obxecto do contrato para cada unha das obras sinaladas na letra A) do presente anuncio (ver punto 2.1.1. do prego de cláusulas administrativas particulares).

G) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación, na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ás dez horas do día trece (13) de setembro de 2000.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº 1), segundo se especifica no punto 2.2.6. «Constitución e funcionamento da mesa», do prego de cláusulas administrativas particulares.

H) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 28 de xuño de 2000.

Agustín Hernández Fernández de Rojas

Presidente do organismo autónomo Augas

de Galicia