Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 04 de xullo de 2000 Páx. 10.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación de resolución do procedemento sancionador de epizootias OU-T-17-2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que con esta data resolvín o procedemento sancionador, que tamén se indica, por infracción da Lei do 20 de decembro de 1952, sobre epizootias (BOE nº 358, do 23 de decembro) e do seu Regulamento do 4 de febreiro de 1955, modificado, entre outros polo R.D. 1665/1976, do 7 de maio, polo que se actualizan as sancións (BOE nº 174, do 21 de xuño), posto que intentada a notificación non se puido practicar.

O importe da sanción será ingresado en calquera entidade bancaria, na conta Tesouro Facenda Galega, recadación de multas e sancións, Sanidade Agropecuaria nº 20800260850040071575 da Caixavigo e Ourense, no prazo de quince días, que comezarán a contar a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Para efectualo deberá emprega-lo impreso normalizado que lle será facilitado nesta delegación provincial, sita na rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6 baixo, 32003 (Ourense).

De non face-lo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Non obstante o manifestado no parágrafo anterior, contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria no prazo dun mes, segundo esta

blece o artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, citada.

Transcorrido o prazo indicado sen formula-lo pertinente recurso, esta resolución será firme para todolos efectos.

Ourense, 9 de xuño de 2000.

José Manuel Baltar Blanco

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-T-17-2000.

Interesado: Antero Alves Carneiro.

DNI: 3.111.220.

Último enderezo coñecido: Camiño Caneiro, nº 16,1º A.

Feito denunciado: transportar desde o mercado de Verín a Portugal, no vehículo matrícula 69-04-AO, catro cabezas de gando porcino carecendo da autorización oficial de traslado e sen esta-lo vehículo inscrito no Rexistro da Xefatura de Gandería.

Tipificación da infracción: artigos 32 e 52 do Regulamento de epizootias. Artigos l e 3 do Decreto 344/1994, do 4 de decembro (DOG nº 249, do 15 de decembro). Artigo 1 da Orde do 23 de agosto de 1995 (DOG nº 169, do 4 de setembro).

Sanción: 20.000 pesetas.