Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 04 de xullo de 2000 Páx. 10.465

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/147-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Repsol YPF.

Domicilio social: Bens, s/n, 15000 A Coruña.

Denominación: L.A.T. 220 kV Repsol-A Grela.

Situación: A Coruña.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de alta tensión, a 220 kV, baixo tubo en gabia de 1,5 m de profundidade e 0,7 de largo, con conductores unipolares tipo XLPE 220/127 kV de 3(1x1.200) mm Al, de 4.200 m de lonxitude, con orixe na subestación de Repsol YPF e final na subestación da Grela de Unión Fenosa Distribución, S.A.,

actualmente instalándose e discorrendo 1.350 m pola factoría de Repsol YPF e rúas do concello de Arteixo e 2.850 m por rúas do concello da Coruña. Acompañará en todo o percorrido cable de fibra óptica, tipo PKP de 32 e 8 fibras, baixo tubo, para comunicacións. A Coruña e Arteixo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 26 de xuño de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña