Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 04 de xullo de 2000 Páx. 10.465

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa da seguinte instalación: proxecto modificado do parque eólico da Serra do Burgo. (Expediente IN661A 99/1-3 A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o

aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a petición de autorización administrativa para a execución do proxecto reformado do parque eólico da Serra do Burgo, coas seguintes características básicas:

-Denominación: parque eólico Serra do Burgo.

-Solicitante: Iberdrola Diversificación, S.A.

-Domicilio social: Iparaguirre nº 12, 48009 Bilbao (Biscaia).

-Situación: terreos situados nos concellos de Chandrexa de Queixa e Castro Caldelas.

-Potencia unitaria e potencia bruta:

O parque eólico disporá dun conxunto de 19 aeroxeradores de 850 kW de potencia unitaria, o que suma unha potencia bruta total de 16,15 mW.

As coordenadas UTM (m) do polígono que delimita a zona de implantación dos aeroxeradores son:

PuntoUTM-xUTM-y

16300004686000

26310004686000

36330004688000

46320004688500

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial no prazo de vinte días. En igual prazo presentaranse as solicitudes en competencia, que se axustarán ó disposto no artigo 10 do citado decreto.

Ourense, 21 de xuño de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense