Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 04 de xullo de 2000 Páx. 10.465

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica que se cita. (Expediente 94/1999).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións das liñas eléctricas aéreas a 20 kV unha de 1.775 m de lonxitude e centro de transformación no lugar de Bornais, e outra de 16 m de lonxitude e centro de transformación no lugar de Urceira, no termo municipal de Santiago de Compostela (expediente 94/1999), por resolución desta delegación provincial do 9 de febreiro de 2000, a favor da entidade beneficiaria Unión Eleéctrica Fenosa, S.A. con enderezo na avenida de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta delegación acorda sinala-los días 11, 12, 13 de xullo de 200 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 1956 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, nas que se describirán os bens e dereitos expropiables e de imposición de servidumbre de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Santiago de Compostela, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal El Correo Gallego do 14 de xuño, 28 de maio e 8-6-1999, respectivamente, acto ó que deberán concorre-los propietarios propostos dos predios afectados, ós que se lles practicará notificación individual sinalándoselle-los horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nos locais do centro socio-cultural Aurelio Aguirre de Conxo.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade con artigo 5 da citada Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 5 de xuño de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña