Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.
Domicilio social: Santa Catalina, 130, 15840 Santa Comba.
Denominación: C.T.A. de 50 kVA en Salgueiroas.
Situación: Santa Comba.
Descricións técnicas: ramal L.M.T. aérea a 20 kV de 50 m de lonxitude, en conductor LA-30, que parte da L.M.T. denominada Francos-Bouza e final no C.T. de 50 kVA no lugar de Salgueiroas. Concello de Santa Comba.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 31 de maio de 2000.
Manuel Estévez Mengotti
Delegado provincial da Coruña en funcións