Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 04 de xullo de 2000 Páx. 10.461

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2000 pola que se aproba a modificación do plan eólico estratéxico presentado pola empresa Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. denominado P.E.E. Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.

Examinado o expediente instruído por instancias de Unión Fenosa Energías Especiales, S.A., con domicilio para efectos de notificacións en r/ Capitán Haya nº 53, 28020 Madrid, sobre aprobación da modificación do P.E.E. Unión Fenosa Energías Especiales, S.A., esta consellería ten en conta os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-O 30 de abril de 1996, por resolución da Consellería de Industria e Comercio, apróbase o plan eólico estratéxico de Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. publicándose no Diario Oficial de Galicia o 17-6-1996 coas seguintes características básicas:

-17 áreas.

-Potencia: 384 MW.

-Prazo de execución: 10 anos.

-Investimento total: 58.135 millóns de pesetas.

Segundo.-Con data do 20 de setembro de 1999, a empresa Unión Fenosa Energías Especiales, S.A., NIF A-81.041.147, solicitou a aprobación da ampliación do plan eólico estratéxico denominado P.E.E. Unión Fenosa Energías Especiales, S.A., achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro.-A petición de aprobación da ampliación do plan eólico estratéxico someteuse a información pública por Resolución do 27 de setembro de 1999, para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia. A citada resolución foi publicada no BOE do 17 de novembro de 1999, e no Diario Oficial de Galicia do 9 de novembro do mesmo ano.

As características principais da ampliación do P.E.E. Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. que foron sometidas a información pública son:

Nome da áreaProvinciaTermos municipaisCoordenadas UTM (X, Y)

A (549.000 4.670.000)
As NevesB (558.000 4.670.000)
As NevesPontevedraSalvaterra de MiñoC (558.000 4.665.000)
A CañizaD (554.500 4.661.500)
ArboE (547.500 4.661.500)

F (547.500 4.666.000)

A CañizaA (553.000 4.680.000)
MontoutoPontevedraCoveloB (558.500 4.680.000)
MondarizC (558.000 4.670.000)
Salvaterra de MiñoD (549.000 4.670.000)

Nome da áreaProvinciaTermos municipaisCoordenadas UTM (X, Y)

Vilagarcía de A.A (522.000 4.722.000)
XiabrePontevedraCaldas de ReisB (528.000 4.722.000)
CatoiraC (528.000 4.718.000)

D (520.000 4.718.000)

O IrixoA (575.000 4.713.500)
LoureiroOurenseO CarballiñoB (579.750 4.713.500)
PontevedraPiñorC (579.750 4.705.000)
DozónD (575.000 4.705.000)

A (595.000 4.649.000)
BaltarOurenseBaltarB (607.000 4.649.000)
Os BlancosC (602.000 4.642.000)
Calvos de RandínD (595.000 4.642.000)

A (675.050 4.685.300)

B (670.000 4.672.000)

C (676.000 4.677.000)

Sierra CalvaViana do BoloD (677.500 4.677.750)
OurenseCarballeda de V.E (680.000 4.677.250)
A VeigaF (682.000 4.680.000)

G (686.300 4.688.300)

H (680.000 4.687.000)

I (680.000 4.683.172)

Chandrexa de QueixaA (623.000 4.678.000)
San MamedeOurenseLaza, Maceda,B (630.000 4.678.000)
MontederramoC (630.000 4.671.000)
Vilar de BarriosD (623.000 4.671.000)

A (607.000 4.835.000)
BarceiroLugoViveiroB (612.000 4.835.000)
O VicedoC (612.000 4.832.000)

D (607.000 4.832.000)

A (598.000 4.743.000)
San CristóbalLugoMonterrosoB (604.000 4.743.000)
PortomarínC (604.000 4.733.000)
TaboadaD (599.000 4.733.000)
BecerreáA (640.000 4.744.000)
LáncaraB (645.000 4.744.000)
AlbelaLugoAs NogaisC (648.000 4.742.000)
SamosD (648.000 4.735.000)
TriacastelaE (640.000 4.735.000)

A (613.000 4.738.000)

B (619.000 4.738.000)

AcebedoLugoParadelaC (619.000 4.729.000)

D (614.000 4.729.000)

E (613.000 4.730.000)

A (663.000 4.748.000)

B (666.000 4.748.000)

C (669.000 4.750.000)

CortellaLugoCervantesD (670.000 4.750.000)
Navia de SuarnaE (670.000 4.748.000)

F (668.000 4.747.000)

G (668.000 4.740.000)

H (667.000 4.737.000)

I (667.000 4.736.000)

J (665.000 4.736.000)

K (661.000 4.741.000)

L (661.000 4.746.000)

A (630.000 4.776.000)
MonciroLugoCastroverdeB (635.000 4.776.000)
PolC (635.000 4.767.000)

D (630.000 4.767.000)

A (656.000 4.740.000)
PintinidoiraLugoCervantesB (660.000 4.740.000)
Pedrafita do C.C (663.000 4.738.000)
As NogaisD (663.000 4.737.000)

E (665.000 4.735.000)

F (665.000 4.733.000)

G (661.000 4.733.000)

H (661.000 4.737.000)

I (657.000 4.737.000)

J (656.000 4.738.000)

Cabana de B.A (509.000 4.786.000)
SilvarredondaA CoruñaCoristancoB (517.000 4.786.000)
PontecesoC (517.000 4.780.000)

D (509.000 4.780.000)

A (529.000 4.739.000)
Iria-FlaviaA CoruñaPadrónB (536.000 4.739.000)
TeoC (536.000 4.733.000)

D (529.000 4.733.000)

A (578.000 4.796.000)
ArangaB (585.000 4.796.000)
SerrónA CoruñaIrixoaC (585.000 4.787.000)
MonferoD (578.000 4.787.000)

A (587.000 4.808.000)
EumeA CoruñaA Capela, Monfero,B (591.000 4.808.000)
LugoXermade e As Pontes de García RodríguezC (589.000 4.804.000)

D (589.000 4.799.000)

E (578.000 4.799.000)

F (578.000 4.804.000)

Nome da áreaProvinciaTermos municipaisCoordenadas UTM (X, Y)

BoimortoA (577.000 4.763.000)
Coto do CodesasA CoruñaMelideB (585.000 4.763.000)
SobradoC (585.000 4.761.500)
ToquesD (584.000 4.758.000)

E (577.000 4.758.000)

A (482.500 4.779.000)
Do VilánA CoruñaCamariñasB (484.000 4.779.000)

C (486.000 4.778.000)

D (486.000 4.777.000)

E (485.000 4.777.000)

F (483.000 4.776.500)

Durante o prazo de información pública presentáronse as seguintes solicitudes en competencia formuladas por:

1. Energías Renovables Costa Coruña, S.L. (ERCCO).

2. Acciona Eólica de Galicia, S.A.

3. Made Energías Renovables, S.A.

Cuarto.-O 7 de abril de 2000, a empresa Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. presentou ante esta dirección xeral escrito de renuncia ás seguintes áreas: Cova da Serpe (Curtis, Guitiriz, Sobrado, Friol e Toques), Olerón (Brión e Rois), Serra da Trapa (Folgoso do Courel) e Cordal (Guitiriz, Begonte, Outeiro de Rei e Friol) dado que dos resultados das investigacións eólicas previas realizadas nas citadas áreas se detecta escaseza de recurso eólico, reiterando a súa solicitude de concesión doutras que lle permita mante-los compromisos do seu plan eólico estratéxico, aprobado o 30 de abril de 1996 por resolución da Consellería de Industria e Comercio.

Quinto.-Os servicios técnicos da Dirección Xeral de Industria emitiron informe avaliando a viabilidade do plan nas diferentes áreas de estudio solicitadas, co fin de resolve-los diferentes plans estratéxicos en competencia, e tendo en conta que a empresa Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. solicitou a substitución das áreas de investigación de Cova da Serpe (Curtis, Guitiriz, Sobrado, Friol e Toques), Olerón (Brión e Rois), Serra da Trapa (Folgoso do Courel) e Cordal (Guitiriz, Begonte, Outeiro de Rei e Friol), de escaso recurso eólico, por outras que lle permitan mante-los compromisos do seu plan eólico estratéxico. Os criterios de avaliación que se seguiron son os seguintes:

-Planificación enerxética.

-Estudio contrastado dos datos eólicos existentes.

-Viabilidade económica dos plans.

-Achega tecnolóxica e efectos industriais dos plans.

-Ambientais.

-Desenvolvemento de infraestructuras.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de

Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 21 de xuño, en relación coa Lei 54/1997, do 30 de decembro, do sector eléctrico, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Segundo.-Ante o gran número de solicitudes presentadas, e en tramitación paralela, de aprobación do plan eólico estratéxico, os criterios seguidos en forma xeral para a adxudicación ou non das áreas asignadas foron os expostos no fundamento de feito quinto, téndose en conta a limitación existente desde o punto de vista infraestructural en canto á rede de transporte de enerxía eléctrica, o que supón que soamente se poidan satisfacer aquelas solicitudes que cumpran de forma máis completa os criterios de adxudicación planificados.

Terceiro.-Nalgúns casos, existen ocultacións en determinadas zonas de distintas solicitudes de plans, sen que os seus promotores concorrese en competencia. Nos ditos casos optouse por asignarlle a área á solicitude que se considerou que cumpre en maior medida os criterios de asignación.

Cuarto.-Á vista dos plans presentados en competencia, o informe técnico realizado e do resto de documentación que figura no expediente, queda de manifesto que se deben excluír certas áreas solicitadas, debido á adxudicación de determinadas zonas a outros promotores seguindo criterios de planificación enerxética e desenvolvemento das infraestructuras enerxéticas.

Do exposto extráese como consecuencia, que a ampliación do plan solicitada non pode ser concedida na extensión requirida pola peticionaria. Sen embargo, e de acordo co establecido no condicionado terceiro da resolución pola que se aproba o plan eólico estratéxico da solicitante, comprobándose que as áreas denominadas: Serra da Cova de Serpe (Curtis, Guitiriz, Sobrado, Friol e Toques), Olerón (Brión e Rois), Serra da Trapa (Folgoso do Courel) e Cordal (Guitiriz, Begonte, Outeiro de Rei e Friol) son inviables desde un punto de vista técnico, considérase procedente substituí-las ditas áreas polas denominadas Cabo Vilán, Silva Redonda, San Cristóbal, Coto das Codesas e Serra da Calva, coas coordenadas que veñen determinadas no anexo I desta resolución, co obxecto de mante-la viabilidade do plan considerado no seu conxunto, concedéndolle á empresa Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. autorización para realizar investigacións nela.

Desta forma, o plan eólico estratéxico pasa a constar de 18 áreas, sendo a súa potencia autorizada de 383 MW, permanecendo as demais variables inalteradas.

Quinto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Aproba-lo plan eólico estratéxico P.E.E. Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. referido ás áreas recollidas no anexo I da presente resolución, coa

previsión de potencia de 96 MW, en substitución das áreas Cova da Serpe, Olerón, Serra da Trapa e Cordal, sobre as que efectúa renuncia o titular do plan.

A presente resolución leva consigo o outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia, así como o dereito preferente, nas citadas áreas, á autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, conforme o sinalado no artigo 8 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico vincula a Administración e Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de non exerce-lo dereito preferencial previsto no artigo 8 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico outórgase conforme as seguintes condicións:

Primeira.-A modificación do plan eólico estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para a montaxe das instalacións será causa de resolución da presente aprobación.

Sen embargo, se por alteración substancial das circunstancias ou por causas sobrevidas, non fose adecuado o mantemento dalgunha ou algunhas das instalacións previstas no plan eólico estratéxico que se aproba, a empresa poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das actuacións, sen altera-las restantes condicións do plan eólico estratéxico, ou ben,

2. A aprobación dun novo plan eólico estratéxico para novas instalacións, se a importancia dos investimentos así o xustifican, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.

Segunda.-Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. deberá presentar un informe trimestral á Consellería de Industria que conterá os seguintes puntos:

-Datos eólicos obtidos nas áreas de investigación.

-Investimentos realizados e previstos.

-Operacións realizadas con empresas galegas.

-Emprego creado.

-Participación de entidades galegas.

Terceira.-A empresa Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. participará na execución do plan industrial que teñan aprobados os tecnólogos seleccionados. En todo caso, a porcentaxe de compoñentes fabricados en Galicia será o comprometido polos tecnólogos. A selección dos tecnólogos deberá contar coa autorización da Dirección Xeral de Industria.

Cuarta.-Unión Fenosa Energías Especiales, S.A. poderá transferir en calquera momento os dereitos dimanantes da presente aprobación logo de autorización e coas condicións que impoña a Dirección

Xeral de Industria, subrogándose o novo titular en tódalas obrigas e dereitos do transmitente derivados do plan eólico aprobado.

Quinta.-O presente plan eólico apróbase sen prexuízo de terceiros, deixando a salvo os dereitos particulares e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións de aproveitamento eólico.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer, recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ó amparo do disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen procedente.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2000.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

Relación de áreas aprobadas no plan eólico estratéxico

Nome da áreaPotenciaProvinciaTermos Municip.Coordenadas UTM (X, Y)

A (686.300 4.688.300)

B (680.000 4.687.000)

C (680.000 4.683.172)

Sierra Calva (1)20Viana do BoloD (680.400 4.683.000)
OurenseCarballeda de V.E (681.450 4.680.850)
A VeigaF (680.700 4.680.650)

G (674.950 4.683.450)

H (674.489 4.683.823)

I (670.000 4.672.000)

J (676.000 4.677.000)

K (677.500 4.677.750)

L (680.000 4.677.250)

LL (682.000 4.680.000)

A (598.000 4.743.000)
San Cristóbal20LugoMonterrosoB (604.000 4.743.000)
PortomarínC (604.000 4.733.000)
TaboadaD (599.000 4.733.000)

Cabana de B.A (509.000 4.786.000)
Silvarredonda15A CoruñaCoristancoB (517.000 4.786.000)
PontecesoC (517.000 4.780.000)

D (509.000 4.780.000)

A (482.500 4.779.000)
Do Vilán16A CoruñaCamariñasB (484.000 4.779.000)

C (486.000 4.778.000)

D (486.000 4.777.000)

E (485.000 4.777.000)

F (483.000 4.776.500)

Coto do Codesas25A CoruñaBoimorto

Melide

Sobrado

Toques

A (577.000 4.763.000)

B (585.000 4.763.000)

C (585.000 4.761.500)

D (584.000 4.758.000)

E (577.000 4.758.000)

(1) Nota: esta área de investigación foi reducida nun 15% con respecto á presentada por UFEE, por ocultación con outra área de investigación aprobada.