Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 04 de xullo de 2000 Páx. 10.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2000 pola que se aproba a ampliación do plan eólico estratéxico presentado pola empresa Energías y Recursos Ambientales, S.A. (EASA) denominado P.E.E. Eyra.

Examinado o expediente instruído por instancia de Energías y Recursos Ambientales, S.A. (en diante denominada EASA), con enderezo para efectos de notificacións na r/ Bugallal Marchesi, 10-1º Esq., 15008 A Coruña, sobre aprobación da modificación do P.E.E. Eyra, esta consellería ten en conta os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-O 15 de febreiro de 1996, por resolución da Consellería de Industria e Comercio, apróbase

o plan eólico estratéxico denominado P.E.E. Ecotécnica-G.E.A. publicándose no Diario Oficial de Galicia do 17-6-1996 coas seguintes características básicas:

-7 áreas.

-Potencia: 98 MW.

-Prazo de execución: 5 anos

Investimento total: 14.445 millóns de pesetas.

Segundo.-O 22 de decembro de 1997 autorizouse mediante resolución da Consellería de Industria e Comercio a transmisión de bens e dereitos derivados do dito P.E.E. a favor de EASA.

Terceiro.-Con data do 6 de agosto de 1999, Ignacio Aguiriano, en nome e representación de EASA, NIF A-81.798.787, solicitou a aprobación do plan eólico estratéxico denominado P.E.E. Eyra, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Cuarto.-A petición de aprobación do plan eólico estratéxico someteuse a información pública por Resolución do 18 de agosto de 1999, para os efectos previstos no artigo 5 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia. A citada resolución foi publicada no BOE do 14 de setembro de 1999, e no Diario Oficial de Galicia do 15 de setembro do mesmo ano.

As características principais do P.E.E. Eyra que foron sometidas a información pública son:

NomeProvinciaConcellosXY

Serra de GomarizOurenseBaltar, Os Blancos604.000

602.000

601.000

602.000

603.000

605.000

605.000

4.647.500

4.646.000

4.644.000

4.643.000

4.643.000

4.646.000

4.647.000

O Penedo das FatigasOurenseBaltar, Os Blancos, Calvos de Randín599.000

595.000

595.000

600.000

601.000

602.000

4.648.500

4.647.000

4.641.500

4.643.000

4.644.000

4.647.500

Serra da PenaOurenseCalvos de Randín591.000

593.000

595.500

601.000

598.000

596.000

593.000

4.634.000

4.638.000

4.640.000

4.640.000

4.636.000

4.634.000

4.633.500

San MartiñoOurenseBaltar601.000

608.000

608.000

605.000

598.000

4.640.000

4.643.000

4.640.000

4.638.000

4.636.000

Serra SecaOurenseA Gudiña, Viana do Bolo639.000

647.000

651.000

654.000

654.000

653.000

649.000

639.000

4.658.500

4.660.500

4.664.000

4.664.000

4.659.000

4.658.000

4.659.000

4.657.000

Montes TameirónOurenseA Gudiña653.000

655.000

658.000

658.000

653.000

4.656.000

4.657.000

4.656.000

4.653.000

4.653.000

NomeProvinciaConcellosXY

Serra das Augas SantasLugoMondoñedo, Lourenzá e Riotorto638.000

640.000

641.000

641.000

639.000

639.000

4.806.000

4.809.000

4.808.000

4.804.500

4.804.000

4.806.000

Serra da CadeiraLugoLourenzá, Trabada, Riotorto, A Pontenova641.000

643.000

646.000

646.000

644.000

4.804.500

4.810.000

4.810.000

4.801.000

4.801.000

Serra da Cadeira IILugoLourenzá, Trabada, Barreiros641.000

643.000

644.000

642.500

4.814.000

4.814.000

4.811.000

4.810.000

San FernandoLugoTrabada, Ribadeo649.000

651.500

652.000

651.000

648.000

4.817.000

4.816.000

4.813.500

4.812.000

4.814.000

Sto. DomingoPontevedraLalín, Dozón, Piñor, O Irixo567.000

580.500

579.000

567.000

4.720.500

4.720.500

4.706.000

4.706.000

BarbanzaA CoruñaPorto do Son, Ribeira498.000

503.300

503.300

502.600

501.000

501.000

498.000

4.730.000

4.730.000

4.727.250

4.723.300

7.723.300

4.719.000

4.719.000

Montes da TieiraA CoruñaCesuras, Curtis, Sobrado, Vilasantar, Boimorto, Mesía566.000

581.500

581.500

566.000

4.777.500

4.777.500

4.767.000

4.764.000

Monte do GatoA CoruñaCoiros, Aranga, Oza dos Ríos569.000

573.000

577.000

572.000

4.786.500

4.786.500

4.780.500

4.780.500

Cordal de MontoutoA Coruña, LugoMonfero, Guitiriz, Aranga, Irixoa579.500

584.000

584.000

589.500

598.500

581.500

4.795.500

4.795.500

4.790.000

4.790.000

4.783.000

4.783.000

GranxaA CoruñaBoqueixón, Touro, Vedra542.500

549.500

549.500

542.000

4.742.000

4.742.000

4.737.500

4.737.500

Couto do EspiñoPontevedraA Estrada, Silleda, Forcarei, Cerdedo548.000

555.000

555.000

548.000

4.730.000

4.730.000

4.711.500

4.711.500

Serra da FrachaPontevedraSoutomaior, Ponte Caldelas, Vilaboa, Pontevedra537.000

537.000

534.000

531.000

4.696.000

4.689.500

4.689.500

4.696.000

La BañaA CoruñaA Baña, Val do Dubra, Ames, Negreira516.300

526.000

528.000

516.300

4.760.500

4.760.500

4.751.700

4.751.700

OutesA CoruñaMazaricos, Santa Comba, Negreira, Outes, Muros499.000

499.000

498.330

497.500

495.672

511.000

511.000

4.743.000

4.745.000

4.751.700

4.751.700

4.756.000

4.759.000

4.743.000

MorrazoPontevedraBueu, Moaña, Cangas527.400

518.400

516.500

514.500

509.700

517.000

4.683.800

4.683.200

4.687.300

4.686.500

4.680.300

4.678.500

Serra de OrreaPontevedraAgolada, Lalín582.000

584.000

573.500

573.500

4.739.000

4.734.000

4.734.000

4.739.000

Montes da ParadantaPontevedraCovelo, A Cañiza, Arbo, As Neves, Salvaterra de Miño, Mondariz599.000

552.300

547.000

559.000

4.679.500

4.679.500

4.663.500

4.663.500

Durante o prazo de información pública presentáronse as seguintes solicitudes en competencia formuladas por:

1. Fomensa Hispania, S.L.

2. Made, Energías Renovables, S.A.

3. Desarrollos Eólicos, S.A.

4. Ercco, S.L.

5. Planta Eólica de Galicia, S.A.

Quinto.-O 5 de abril de 2000, a empresa EASA presentou ante esta dirección xeral escrito de renuncia ás seguintes áreas: Miñón, Muiños, San Adrián e Pedrouzos (parcialmente), dado que dos resultados das investigacións eólicas previas realizadas nas citadas áreas se detecta escaseza de recurso eólico, reiterando a súa solicitude de concesión doutras que lle permitan mante-los compromisos do seu plan eólico estratéxico, aprobado o 15 de febreiro de 1996 por resolución da Consellería de Industria e Comercio.

Sexto.-Os servicios técnicos da Dirección Xeral de Industria emitiron informe avaliando a viabilidade do plan nas diferentes áreas de estudio solicitadas, co fin de resolve-los diferentes plans estratéxicos en competencia, e tendo en conta que a empresa EASA solicitou a substitución das áreas de investigación de Miñón, Muíños, San Adrián e Pedrouzos (parcialmente), de escaso recurso eólico, por outras que lle permitan mante-los compromisos do seu plan eólico estratéxico. Os criterios de avaliación que se seguiron son os seguintes:

-Planificación enerxética.

-Estudio contrastado dos datos eólicos existentes.

-Viabilidade económica dos plans.

-Achega tecnolóxica e efectos industrias dos plans.

-Ambientais.

-Desenvolvemento de infraestructuras.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 21 de xuño, en relación coa Lei 54/1997, do 30 de decembro, do sector eléctrico, e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

Segundo.-Ante o gran número de solicitudes presentadas, e en tramitación paralela, de aprobación do plan eólico estratéxico, os criterios seguidos en forma xeral para a adxudicación ou non das áreas asignadas foron os expostos no fundamento de feito quinto, téndose en conta a limitación existente desde o punto de vista infraestructural en canto á rede de transporte de enerxía eléctrica, o que supón que soamente se poidan satisfacer aquelas solicitudes que cumpran de forma máis completa os criterios de adxudicación formulados.

Terceiro.-Nalgúns casos, existen ocultacións en determinadas zonas de distintas solicitudes de plans,

sen que os seus promotores concorresen en competencia. Nos ditos casos optouse por asigna-la área á solicitude que se considerou que cumpre en maior medida os criterios de asignación.

Cuarto.-Á vista dos plans presentados en competencia, o informe técnico realizado e do resto de documentación que figura no expediente, queda de manifesto que se deben excluír certas áreas solicitadas, debido á adxudicación de determinadas zonas a outros promotores seguindo criterios de planificación e desenvolvemento das infraestructuras enerxéticas, e en consecuencia, que se lle debe conceder á empresa EASA autorización para prosegui-las investigacións nas áreas relacionadas no anexo I.

Do exposto extraese como consecuencia, que a ampliación do plan solicitada non pode ser concedida na extensión requirida pola peticionaria. Sen embargo, e de acordo co establecido no condicionado sexto da resolución pola que se aproba o plan eólico estratéxico da solicitante, comprobándose que as áreas denominadas: Miñón, Muíños, San Adrián e Pedrouzos (parcialmente), son inviables desde un punto de vista técnico, considerase procedente amplia-la potencia en 32 MW co fin de garanti-la viabilidade do plan industrial e substituí-las ditas áreas pola denominada Outes, Serra Seca, San Martiño e Serra de Gomariz coas coordenadas que veñen determinadas no anexo I desta resolución, co obxecto de mante-la viabilidade do plan considerado no seu conxunto, concedéndolle á empresa EASA autorización para realizar investigacións nela.

Desta forma, o plan eólico estratéxico pasa a constar de 8 áreas, sendo a súa potencia autorizada de 130 MW, permanecendo as demais variables inalteradas.

Quinto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios

Esta consellería, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Aproba-lo plan eólico estratéxico P.E.E. Eyra referido ás áreas recollidas no anexo I da presente resolución, coa ampliación de potencia de 32 MW, en substitución das áreas Miñón, Muiños, San Adrián e Pedrouzos (parcialmente), sobre as que efectúa renuncia a titular do plan.

A presente resolución leva consigo o outorgamento do dereito de investigación nas áreas de referencia, así como o dereito preferente, nas citadas áreas, á autorización das instalacións de aproveitamento de enerxía eólica, conforme o sinalado no artigo 8 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico vincula a Administración e EASA sen prexuízo das futuras resolucións que se adopten para o suposto de non exerce-lo dereito preferencial previsto no artigo 8 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A aprobación do plan eólico estratéxico outórgase conforme as seguintes condicións:

Primeira.-A modificación do plan eólico estratéxico ou o incumprimento das condicións impostas nesta resolución e na autorización para a montaxe das instalacións será causa de resolución da presente aprobación.

Sen embargo, se por alteración substancial das circunstancias ou por causas sobrevidas, non fora adecuado o mantemento dalgunha ou algunhas das instalacións previstas no plan eólico estratéxico que se aproba, a empresa poderá solicitar da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia:

1. Autorización para a modificación ou substitución das actuacións, sen altera-las restantes condicións do plan eólico estratéxico, ou ben,

2. A aprobación dun novo plan eólico estratéxico para novas instalacións, se a importancia dos investimentos así o xustifican, tendo en conta sempre os dereitos que terceiros interesados poidan ter.

Segunda.-EASA deberá presentarlle un informe trimestral á Consellería de Industria e Comercio que conterá os seguintes puntos:

-Datos eólicos obtidos nas áreas de investigación.

-Investimentos realizados e previstos.

-Operacións realizadas con empresas galegas.

-Emprego creado.

-Participación de entidades galegas.

Terceira.-A empresa EASA, participará na execución do plan industrial que teñan aprobado os tecnólogos seleccionados. En todo caso, a porcentaxe de compoñentes fabricados en Galicia será o comprometido polos tecnólogos. A selección dos tecnólogos deberá contar coa autorización da Dirección Xeral de Industria.

Cuarta.-EASA poderá transferir en calquera momento os dereitos dimanantes da presente aprobación previa autorización da Dirección Xeral de Industria, subrogándose o novo titular en tódalas obrigas e dereitos do transmitente derivados do plan eólico aprobado.

Quinta.-O presente plan eólico apróbase sen prexuízo de terceiros, deixando a salvo os dereitos particulares e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións de aproveitamento eólico.

Contra a presente resolución, que é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer, recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes desde o día seguinte ó da súa notificación, de acordo co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma

data, ó amparo do disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2000.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Industria e Comercio

ANEXO I

Relación de áreas aprobadas no plan eólico estratéxico

NomePotenciaProvinciaConcellosXY

San Martiño15OurenseBaltar601.000

608.000

608.000

605.000

598.000

4.640.000

4.643.000

4.640.000

4.638.000

4.636.000

NomePotenciaProvinciaConcellosXY

Serra Seca15OurenseA Gudiña, Viana do Bolo639.000

647.000

651.000

654.000

654.000

653.000

649.000

639.000

4.658.500

4.660.500

4.664.000

4.664.000

4.659.000

4.658.000

4.659.000

4.657.000

Outes15A CoruñaMazaricos, Santa Comba, Negreira, Outes, Muros511.000

497.000

495.672

497.500

498.330

499.000

507.000

507.000

511.000

4.759.000

4.756.000

4.756.000

4.751.700

4.751.700

4.747.000

4.747.000

4.743.000

4.743.000

Serra de Gomariz10OurenseBaltar, Os Blancos604.000

602.000

601.000

602.000

603.000

605.000

605.000

4.647.500

4.646.000

4.644.000

4.643.000

4.643.000

4.646.000

4.647.000