Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 04 de xullo de 2000 Páx. 10.453

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2000 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 00/015 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

De conformidade coa sentencia do Tribunal Constitucional do 27 de febreiro de 1987 (BOE do 24 de marzo), que modifica o artigo 39.3º da Lei 11/1983 de 25 de agosto, de reforma universitaria (BOE do 1 de setembro), sobre o procedemento para a designación dos membros das comisións que xulgarán os concursos de méritos para a provisión de prazas de corpos docentes universitarios, e a teor do establecido no Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, e o Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño.

Este rectorado resolve nomea-la comisión titular e suplente que xulgará o concurso de méritos da praza 00/015 convocado por Resolución do 24 de marzo de 2000 (BOE do 18 de abril).

A comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados desde a publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación ante o rector da Universidade da Coruña, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 13 de xuño de 2000.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

Praza de: profesor tiutlar de universidade.

Área de coñecemento: filoloxía galega e portuguesa.

Praza número: 00/015.

Comisión titular:

Presidente: Dobarro Paz José María, catedrático de universidade. Universidade da Coruña.

Secretario: Freixeiro Mato Xosé Ramón, profesor titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Álvarez Blanco María Rosario, catedrática de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vilavedra Fernández Dolores, profesora titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Costas González Xosé Henrique, profesor titular de universidade. Universidade de Vigo.

Comisión suplente:

Presidenta: Noya Campos María Camino, catedrática de universidade. Universidade de Vigo.

Secretaria: López Fernández María Teresa, profesora titular de universidade. Universidade da Coruña.

Vocais:

Rodríguez Fernández José Luis, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Gavilanes Laso José Luis, profesor titular de universidade. Universidade de Salamanca.

Varela Barreiro Francisco Javier, profesor titular de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.