Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 04 de xullo de 2000 Páx. 10.454

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2000 pola que se convoca a contratación, mediante concurso aberto, para a adquisición de uniformes para persoal subalterno da Consellería da Presidencia e Administración Pública e conductores do Parque Móbil da Xunta de Galicia.

1. Obxecto: adquisición de vestiario para os subalternos da Consellería da Presidencia e Administración Pública e conductores do PMX.

2. Orzamento: 9.105.232 ptas. (54.723,546 euros).

3. Garantía provisional: 182.105 ptas. (1.094,473 euros).

4. Garantía definitiva: 4% sobre o importe da adxudicación.

5. Documentos de interese para os litadores: a documentación poderá retirarse na Subdirección Xeral de Contratación da Consellería da Presidencia e Administración Pública os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do Complexo Administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela.

6. Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, situado na planta baixa do edificio central do Complexo Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión será de quince días naturais, contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

6. Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Pre

sidencia e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano), ás dez horas do terceiro día hábil, contado desde o seguinte ó do remate prazo para presenta-las ofertas.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario, que o aboará con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2000.

P.D. (Orde 22-2-1999)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública