Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 04 de xullo de 2000 Páx. 10.453

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se anuncia a publicación das puntuacións provisionais da fase de concurso dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e ingreso no corpo de mestres.

De conformidad coa base común 7, número 1 e punto 34 das ordes do 15 de marzo de 2000 e 16 de marzo de 2000, polas que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e ingreso no corpo de mestres, respectivamente, establecen que a valoración dos méritos presentados polos aspirantes será efectuada, en nome dos tribunais, por unha comisión integrada por funcionarios da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Realizada esta baremación, procede darlle publicidade.

En consecuencia, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Facer pública na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e nas delegacións provinciais, a partir do día 4 de xullo de 2000, as puntuacións provisionais dos baremos establecidos na Orde do 15 de marzo de 2000 e na do 16 de marzo de 2000, dos corpos e disciplinas convocadas polas citadas ordes.

Segundo.-Contra estas publicacións poderá presentarse reclamación no prazo de dez días naturais contados desde o día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2000.

Jaime García García

Director xeral de Persoal