Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 04 de xullo de 2000 Páx. 10.452

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se procede a modifica-la lista definitiva de admitidos e excluídos ós procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios dos anteditos corpos, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por Resolución do 9 de xuño de 2000 faise pública a lista definitiva de admitidos e excluídos ós pro

cedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios dos anteditos corpos, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Sendo necesario face-las seguintes modificacións á lista de admitidos e excluídos:

-Santiago Enrique Arias, con DNI 13.128.699, que figuraba como admitido na disciplina de Lingua castelá e literatura debe figurar como admitido na disciplina de Francés.

-Ángeles Seoane Yáñez, con DNI 33.855.904, que figuraba como excluída debe figurar como admitida na disciplina de Sistemas e aplicacións informáticas, pola quenda de participación L, exenta de galego SI e exenta de castelá SI.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2000.

Jaime García García

Director xeral de Persoal