Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Martes, 04 de xullo de 2000 Páx. 10.416

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da acta da comisión paritaria do convenio colectivo do sector de hostalería.

Vista a acta da comisión paritaria sobre interpretación do artigo 30, «Persoal con dereito a manutención e/ou aloxamento», do convenio colectivo para o sector de hostalería, con nº de código 3600765, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 24-5-2000, subscrita con data do 23-5-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 26 de maio de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Acta.

En Vigo, 23 de maio de 2000, sendo as 17 horas, reúnense as persoas que máis abaixo se relacionan, na súa condición de membros da comisión paritaria do convenio colectivo de hostalería da provincia de Pontevedra, para trata-lo seguinte Orde do día.

Único: interpretación do artigo 30 «Persoal con dereito a manutención e/ou aloxamento».

Reunida a comisión paritaria ante as diferencias de interpretación do artigo 30 do convenio, esta comisión paritaria acorda aclara-lo seguinte.

Toda persoa que no 31-12-1997, teña na súa nómina o dereito recoñecido a unha manutención e/ou aloxamento, manterá este dereito en iguais condicións que estivo ata entón, sen ningunha variación, mentres continúe nesta empresa.

E non tendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as 17.30 horas do todo o cal os asistentes o asinan en proba de conformidade.

Asistentes:

José Manuel Barbosa Suárez, en representación de Asehospo.

Carlos Rodríguez Cerdeira, en representación de Feprohos.

J. Carlos Fernández Romero, en representación de Salas de Festas.

Santiago Martín Iglesias, en representación de CC.OO.

José A. Boullosa Gómez, en representación de UGT.