Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 03 de xullo de 2000 Páx. 10.388

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2000 referente á convocatoria de concurso-oposición para cubrir oito postos de traballo de persoal laboral fixo (peóns).

O alcalde, por Decreto de 31 de maio de 2000, aprobou o sistema de selección, bases e convocatoria para provisión con carácter definitivo dos seguintes postos de traballo vacantes (oferta de emprego para o ano 2000).

Persoal laboral.

Posto: oito peóns.

Publicación íntegra bases e convocatoria: BOP de Ourense número 131, do 9 de xuño de 2000. (Inclúense temario e modelo de instancia).

Prazo de presentación de instancias: os vinte días naturais seguintes ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Sistema de selección: concurso-oposición.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no BOP e no taboleiro de edictos deste concello.

Verín, 20 de xuño de 2000.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde