Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 03 de xullo de 2000 Páx. 10.387

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

DECRETO.

Visto o expediente do proxecto de urbanización do SAU-4 de Cacheiras, formulado no seu día por Mahía Santiago, S.L. e que a xunta de compensación do dito polígono fixo seu mediante acordo do 16 de xuño de 2000.

Comprobando que na súa tramitación se seguiu o procedemento legalmente establecido, e que o proxecto é conforme coas normas subsidiarias do concello de Teo, acórdase a súa aprobación definitiva, en virtude do disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997 do solo de Galicia, coas seguintes condicións:

1. Ó cumprimento do Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, axustando a rede viaria ás condicións do anexo I do código de accesibilidade referido a itinerarios peonís, vaos ou ramplas que salven desnivel entre os itinerarios peonís e a zona de circulación de vehículos, pasos de peóns, pavimentos, ramplas, etc., debendo controlarse pola dirección técnica da urbanización estas condicións.

2. Ó cumprimento das condicións dos informes das empresas adxudicatarias do mantemento das instalacións eléctricas e Aquagest.

Os servicios urbanísticos de auga potable, enerxía eléctrica, rede viaria, rede de saneamento, telefonía, etc. serán conectados cos existentes na zona de influencia da urbanización baixo as condicións técnicas das compañías subministradoras.

A entrada en vigor do plan queda condicionada á recepción no órgano autonómico da documentación e á súa publicación oficial.

Teo, 26 de xuño de 2000.

Armando Blanco

Alcalde