Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 03 de xullo de 2000 Páx. 10.388

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

ESCOLA DE CANTEIROS DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

No BOP número 112 do 13 de xuño de 2000, publicáronse as bases xerais específicas do proceso selectivo para cubrir un posto de traballo laboral vacante na Escola de Canteiros de Pontevedra.

Número e características da praza convocada:

-Posto de traballo laboral:

-Unha praza de operario de servicios varios, grupo E, por oposición libre.

A presentación de solicitudes poderase facer ben no rexistro xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, ben en calquera das formas establecidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

O que se fai público para coñecemento dos interesados.

Pontevedra, 15 de xuño de 2000.

O presidente da Escola de Canteiros de Pontevedra

Rubricado

O secretario da Escola de Canteiros de Pontevedra

Rubricado