Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 03 de xullo de 2000 Páx. 10.350

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de almacenistas de madeira.

Vista a acta da revisión salarial para o ano 1999, do convenio colectivo do sector de almacenistas de madeira, con nº de código 3600085, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-5-2000, subscrita pola comisión paritaria do convenio, en data 15-5-2000. De conformidade co disposto no artigo 9 do convenio/colectivo e no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 25 de maio de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo para o sector de almacenistas de madeira da provincia de Pontevedra

Asistentes:

Representación sindical:

Marcos González Oliveira (CC.OO.).

Xosé Xoán Melón (CIG).

Ramón Carrera Molares (UGT).

Representación empresarial:

Antonio González González.

Enrique Comesaña.

Antonio Pedreira Cadaval.

Secretaria de actas:

Ana Mª Martín Herrero.

En Vigo, nos locais da Confederación de Empresarios de Pontevedra, ás dezaseis trinta horas do día 15 de maio de 2000, reúnese a comisión paritaria do convenio colectivo de traballo do sector de almacenistas de madeira da provincia de Pontevedra, co obxecto de aplica-la cláusula de revisión salarial establecida no artigo 9 do convenio.

O IPC, o 31 de decembro de 1999, rexistrou un incremento respecto do 31 de decembro de 1998, do 2,9%, polo que, en aplicación do artigo 9 do convenio, debe efectuarse unha revisión salarial no exceso sobre o 2,6%, é dicir, do 0,3%. Esta revisión efectuarase con efectos do 1 de xaneiro de 1999, de acordo coa táboa seguinte:

Táboa salarial

CategoríasSalario/mes

* Persoal administrativo

Xefe administrativo148.486
Oficial de 1ª130.450
Oficial de 2ª122.174
Auxiliar, telefonista e mecanógrafo/a108.286

* Viaxante

Viaxantes corredores de praza122.174

* Persoal en xeral

Encargado127.058
Serrador de 1ª122.174
Serrador de 2ª113.014
Serrador de serra circular112.414
Dependentes110.535
Peón especialista110.535
Carreteiro mozo109.402
Peón106.711

Nota: os choferes percibirán o salario correspondente ás categorías de oficiais de primeira ou segunda, de acordo co seu carné de conducir.