Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Luns, 03 de xullo de 2000 Páx. 10.347

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de almacenistas de madeira.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de almacenistas de madeira, con nº de código

3600085, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 23-5-2000, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de la Madera, e da parte social polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG, en data 15-5-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 25 de maio de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo para o sector de almacenistas de madeira da provincia de Pontevedra

Artigo 1º.-Partes asinantes.

As partes asinantes do presente convenio son, en representación dos traballadores as centrais sindicais CIG, UGT e CC.OO., e en representación dos empresarios, a Asociación Provincial de Empresarios da Madeira de Pontevedra (Asema).

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O presente convenio é de aplicación obrigatoria en toda a provincia de Pontevedra.

Artigo 3º.-Ámbito funcional.

O convenio obriga a tódolos almacéns e cooperativas de compra-venda de madeiras, ben polo miúdo ou ó por xunto e de importación e exportación.

Cando a empresa, ademais de dedicarse a algunha das actividades antes indicadas, explote industrias de elaboración ou transformación dos artigos propios do seu comercio de compra-venda, xa sexa no mercado nacional ou como importador-exportador, respectará para o persoal que a súa actividade ou clase de traballo figura especificado neste convenio, as condicións máis favorables, non sendo de aplicación a este persoal as doutros convenios que lles fosen menos vantaxosas.

Artigo 4º.-Ámbito persoal.

O presente convenio afectará a tódolos traballadores que presten servicios en calquera das empresas de almacenistas de madeira.

Artigo 5º.-Efectos económicos.

Independentemente da entrada en vigor do presente convenio, os seus efectos económicos comezarán a rexer a partir do 1 de xaneiro de 2000.

Artigo 6º.-Duración.

O presente convenio rematará a súa vixencia o día 31 de decembro de 2000.

Artigo 7º.-Garantías personais.

Tódalas condicións personais máis beneficiosas consignadas en anteriores convenios ou pacto entre patronal e traballadores, serán respectadas individualmente.

Artigo 8º.-Salarios.

Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá desde o 1 de xaneiro de 2000, as retribucións consignadas nos anexos deste convenio, acrecentadas, se é o caso, co premio de antigüidade.

Artigo 9º.-Revisión salarial

No caso de que o índice de prezos ó consumo (IPC), establecido polo INE rexistrase ó 31 de decembro de 2000 respecto ó 31 de decembro de 1999, un incremento superior ó 2,5%, efectuarase unha revisión da táboa salarial, tan axiña como se constate oficialmente a dita circunstancia no exceso sobre a indicada cifra. A dita revisión efectuarase con efectos do 1 de xaneiro de 2000, servindo así mesmo de base de cálculo para o incremento salarial de 2001. A revisión salarial pagarase dunha soa vez durante o primeiro trimestre de 2001.

Artigo 10º.-Gratificacións extraordinarias.

Por este concepto, os traballadores percibirán trinta días do salario establecido neste convenio, máis a antigüidade á que tivera dereito, en cada unha das extras de 24 de xullo e Nadal. Así mesmo, todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá 30 días de paga extra, fixados na ordenanza laboral da madeira, que se pagará o día 19 de marzo de cada ano.

Artigo 11º.-Vacacións.

O persoal afectado polo presente convenio, disfrutará por este concepto de 30 días naturais, dos cales 22, como mínimo serán laborables.

Artigo 12º. Antigüidade.

O premio de antigüidade será calculado sobre o salario pactado neste convenio, a razón do 5% por cada quinquenio.

Artigo 13º.-Roupa de traballo.

As empresas facilitarán a todo o persoal dúas pezas de roupa de traballo, que determina a ordenanza laboral e dous pares de guantes ó ano. O incum

primento desta obriga dará lugar ó pagamento de 6.954 pesetas para a roupa e de 1.665 pesetas para os guantes.

Artigo 14º.-Compensacións.

Como complemento por enfermidade, as empresas, o cuarto día de baixa por enfermidade, pagarán ós seus productores a diferencia, ata o total do salario, incluidas as melloras obtidas por este convenio, durante o período que o productor reciba asistencia polo seguro obrigatorio de enfermidade.

No suposto de baixas producidas por accidente de traballo, as empresas completarán ata a totalidade do salario do convenio a correspondente prestación económica da Seguridade Social a partir do primeiro día da baixa.

Artigo 15º.-Axudas de custo.

Tódolos traballadores que por necesidade da empresa e por orde do empresario teñan que efectuar viaxe ou desprazamento que lles impida realizar comidas ou pasa-la noite no seu lugar habitual ou domicilio, terán dereito ás seguintes axudas de custo:

-Axuda de custo completa: 3.531 ptas.

-Media axuda de custo: 1.475 ptas.

Se por circunstancias especiais os gastos orixinados superan o importe das axudas de custo, o exceso deberá ser pagado pola empresa, logo do coñecemento por parte desta e posterior xustificación do traballador.

Artigo 16º.-Denuncia.

De acordo coa lexislación vixente, o presente convenio terá que ser denunciado con tres meses de antelación á data do seu remate, que é o 31 de decembro de 2000.

Artigo 17º.-Xornada.

A xornada ordinaria anual de vixencia para o presente convenio, polo período do 1 de xaneiro de 2000 ó 31 de decembro de 2000, será de 1.780 horas.

Establécese o horario de inverno en corenta horas semanais, segundo establece a Lei 4/1983, descansando os sábados; nembargantes, para o período dese convenio e sen que sirva de precedente para outros, establécese o horario de 9 a 13 horas, pola mañá e de 15 a 19 horas pola tarde.

Durante o verán, o horario que se establece, do 15 de xuño ó 31 de agosto é o seguinte: de 7 a 15 horas, cada día laborable, descansando igualmente os sábados.

Artigo 18º.-Xornadas non laborables.

Para a vixencia do presente convenio terán a consideración de festivos e aboables para tódolos efectos os seguintes días: 17 de maio, 14 de agosto y cuatro horas do 22 de decembro de 2000.

No caso de que algún concello da provincia sinale como festivo local algún dos días anteriormente referidos, establécese como festivo na súa substitución, o día laborable inmediatamente seguinte.

Artigo 19º.-Licencias.

1. O traballador, logo do aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguintes:

a) Quince días naturais no caso de matrimonio.

b) Dous días nos casos de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

c) Un día por traslado do domicilio habitual.

d) Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, comprendido o exercicio do sufraxio activo. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, haberá que aterse ó que está disposto en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do vinte por cento das horas laborables nun período de tres meses, poderá a empresa pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia regulada no punto 1 do artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

No suposto de que o traballador por cumprimento do deber ou desempeño do cargo perciba unha indemnización, descontarase o importe da mesma do salario a que tivera dereito na empresa.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

2. As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da xornada normal en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou pai no caso de que ambos traballen.

Este artigo de licencias terá vixencia mentres sexa de aplicación o artigo 37.3º e 4º do Estatuto dos traballadores na redacción dada polo Real decreto lexislativo 1/1995, do 22 de marzo.

Artigo 20º.-Revisión médica.

As empresas estarán obrigadas a xestiona-la realización dunha revisión médica anual para todo o persoal do cadro de persoal, sendo o tempo para

esta retribuído, a través dos seus propios medios ou dunha entidade aseguradora.

Artigo 21º.-Taboleiro de anuncios.

Toda empresa estará obrigada a poñer no taboleiro de anuncios todo o relacionado con:

-Horarios.

-Lista de vacacións.

-Boletíns de cotizacións á Seguridade Social.

Artigo 22º.-Comisión paritaria.

De acordo co establecido no artigo 85 do Estatuto dos traballadores, créase unha comisión paritaria integrada por tres representantes, un de cada central, e tres representantes da parte empresarial.

Artigo 23º.-Seguro colectivo.

As empresas concertarán seguros colectivos de accidentes, con primas integradas ó seu cargo, mediante pólizas que cubran as seguintes indemnizacións:

-Accidente laboral con resultado de morte: 1.450.000 pesetas.

-Accidente laboral con resultado de invalidez permanente total: 1.850.000 pesetas.

-Accidente laboral con resultado de invalidez absoluta ou gran invalidez: 2.000.000 de pesetas.

Estas indemnizacións entrarán en vigor a partir do 1 de xaneiro de 2000, e terán vixencia ata o 31 de decembro de 2000.

Artigo 24º.-Mesa negociadora.

Acórdase que nos primeiros 15 días do mes de outubro de 2000, se constitúa a mesa negociadora do próximo convenio.

Artigo 25º.-Idioma.

O presente convenio publicarase no BOP en galego e castelán, e no Diario Oficial de Galicia en galego.

ANEXO

Táboa salarial do convenio de almacenistas de madeiras

Ano 2000

CategoríasSalario/mes

* Persoal administrativo

Xefe administrativo152.644
Oficial de 1ª134.103
Oficial de 2ª125.595
Auxiliar, telefonista e mecanógrafo/a111.318

* Viaxante

Viaxantes corredores de praza125.595

* Persoal en xeral

Encargado130.616
Serrador de 1ª125.595
Serrador de 2ª116.178
Serrador de serra circular115.562
Dependentes113.630
Peón especialista113.630

CategoríasSalario/mes

Carreteiro mozo112.465
Peón109.699

Nota: os choferes percibirán o salario correspondente ás categorías de oficiais de primeira ou segunda, de acordo co seu carné de conducir.