Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 30 de xuño de 2000 Páx. 10.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

ANUNCIO de concurso para a venda de parcelas do parque empresarial de Xove (polígono A).

A resolución pola que se fixan os criterios de alleamento e demais documentación poderá ser examinada nas oficinas de Xestión Urbanística de Lugo, S.A (Xestur-Lugo), sita na praza de Santo Domingo, nº 6-5º de Lugo, das 10 ás 14 horas, de luns a venres.

O prazo de presentación de proposicións para participar no concurso, é de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), podendo facerse

a presentación nas citadas oficinas de Xestur-Lugo, ata as 14 horas, do derradeiro día do prazo, ou o inmediato hábil seguinte se o vixésimo día natural cae en sábado, domingo ou festivo.

A apertura das proposicións realizarase ás 14 horas na sala de xuntas de Xestur-Lugo, o terceiro día hábil seguinte (excepto sábados), contado desde o derradeiro para a presentación das proposicións.

Lugo, 19 de xuño de 2000.

Eugenio Basanta Curbera

Xefe provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo