Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 30 de xuño de 2000 Páx. 10.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 5 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de vivenda E.S.OU-02/00, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), notifícaselle á persoa que no anexo se menciona que con esta data resolvín publica-la resolución do expediente sancionador por infracción en materia de vivenda, por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

A interesada poderá presentar contra a devandita resolución, que non pon fin á vía administrativa, recurso de alzada no prazo dun mes ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, podéndoo interpoñer ben directamente ante el ou ben ante esta delegación provincial. De non interpoñelo advírteselle de que deberá ingresa-lo importe da sanción na conta aberta en Caixa Galicia, a nome do Instituto Galego da Vivenda e Solo para o cobro de multas e sancións (conta nº 3110000897) no prazo establecido no artigo 20 do Regulamento de recadación. De non facelo dentro deste prazo procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

Ourense, 5 de xuño de 2000.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente E.S. OU-02/00.

Presunto responsable: Monserrat de la Fuente Rodríguez.

Último enderezo coñecido: r/ Apolo, nº 2, bloque 5, 2º D. 32001 Ourense.

Feitos imputados: non destina-la vivenda de protección oficial a domicilio habitual e permanente.

Infracción: grave (Art. 5c da Lei 13/1996).

Sanción proposta: 100.001 ptas.