Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 30 de xuño de 2000 Páx. 10.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

CÉDULA do 7 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública unha relación de resolucións de expedientes.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro) notifícaselles con carácter de urxencia ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións dos expedientes administrativos instruídos de conformidade co disposto no artigo 172 e seguintes do Código Civil.

Os interesados poderán interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que corresponda, sen necesidade de reclamación administrativa previa, de conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega de familia, infancia e adolescencia.

Os correspondentes expedientes figuran no Servicio de Familia, Infancia e Menores da Delegación Provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude en Vigo.

-Nº expedientes: 193 e 194/1997.-Interesado: Francisco Javier Rosendo Blanco.-Enderezo: descoñecido.-Asunto: resolucións administrativas.

Pontevedra, 7 de xuño de 2000.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra