Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 30 de xuño de 2000 Páx. 10.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a iniciación do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social 353/2000.

Non sendo atopado no enderezo coñecido por esta delegación provincial o titular da empresa que se indica a continuación, resolvo notificar por este medio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de oito días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderá exerce-lo dereito de audiencia do expediente, previo á resolución; trascorrido aquel, contarán cun novo prazo de tres días para presenta-las alegacións que consideren oportunas perante o órgano que tramita o expediente: Delegación Provincial de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2º do R.D. 928/1998, do 14 de maio.

Expediente nº: 353/00.

Acta Inf. nº 85/2000.

Empresa: Fernando Rodríguez Nieves.

NIF/DNI: 34.891.349.

Enderezo: Río Sar, 11. Carballo (A Coruña).

Materia: seguridade e hixiene.

Documentos que constan no expediente:

-Acta de infracción.

-Publicación no BOP do 27-3-2000 e no taboleiro de edictos do concello o 24-4-2000.

Proposta de sanción: 250.100 ptas.

A Coruña, 12 de xuño de 2000.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña