Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 30 de xuño de 2000 Páx. 10.310

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai pública a resolución dos expedientes sancionadores na orde social 541/1999 e tres máis.

Non sendo atopados no enderezo coñecido por esta delegación provincial, os titulares das empresas que se indican a continuación, resolvo notificar por estemedio, ó amparo do artigo 59.4º da Lei 30/1992,

que foi dictada resolución en relación co seu expediente sancionador informándo de que no prazo dun (1) mes, contado a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, poden interpoñer recurso de alzada perante o director xeral de Relacións Laborais, segundo o disposto no artigo 114 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (Lei 30/1992, do 26 de novembro), advertíndoos de que, de non ser interposto en tempo e forma, disporán dun mes de prazo para aboa-la multa, mediante a necesaria utilización do impreso, que poderán solicitar na propia Delegación Provincial da Coruña. Noutro caso, procederase á exacción pola vía executiva nos termos previstos no artigo 3 da orde da Consellería de Economía e Facenda do 22-5-1987.

A Coruña, 12 de xuño de 2000.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Nº Expte.Acta nºTitularNIF/DNIEnderezoMateriaData Res.Sanción

541/19991199/99Construcciones Raxedoira, S.L.B-15.565.476As Cancelas, 42, Santiago de CompostelaS.H.18-6-2000500.000 ptas.

66/2000858/99Distribuidora Xeral de Aislamientos Diconsa, S.L.B-36.841.419Avda. Balaídos, 44-8º D, VigoS.H.3-4-2000350.000 ptas.

67/20001230/99 (I)Obrastodas, S.L.B-15-334.642Conxo de Arriba, 15, Santiago de CompostelaS.H.8-6-2000500.200 ptas.

142/20001614/99 (I)Soluciones Constructivas Gallegas, S.A.B-15.672.231Avda. Castelao, 34, baixo, Santiago de CompostelaS.H.6-6-2000500.200 ptas.