Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 30 de xuño de 2000 Páx. 10.309

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de notificación do cambio de instructora no expediente sancionador en materia de xogo C-9/2000.

Nesta delegación provincial séguese expediente sancionador nº C-9/00 contra Francisco Caldelas Vidal, titular do establecemento BAR M-3 e a empresa operadora Electrónicos Erma, S.A., por presunta infracción da Lei 14/1985, do 23 de outubro, no que se resolveu, de conformidade co artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publica-lo acordo de modificación de instructor, por non ser posible a notificación a Francisco Caldelas Vidal no establecemento de referencia nin no último domicilio coñecido (Lugar Herbón, 15900-Padrón)

ACORDO:

O director xeral de Interior, por delegación do conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, con data do 5 de xuño de 2000, adoptou o seguinte acordo:

-Corrixi-lo acordo de apertura do expediente sancionador C-9/00, de xeito que onde di: «Margarita Olmo Bosco», debe dicir: «María Silva Costoya».

O interesado poderá formular recusación contra a nova instructora do expediente nos supostos establecidos nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 9 de xuño de 2000.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña