Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 30 de xuño de 2000 Páx. 10.311

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO LÁCTEO E GANDEIRO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 2000 pola que se anuncia a convocatoria dun concurso, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación dos controis sobre o terreo das axudas por superficies e declaración de superficies forraxeiras, campaña 2000-2001.

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga).

Dependencia tramitadora: Servicio de Xestión Económica e Contratación.

Número de expediente: concurso 1/2000.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución da asistencia técnica consistente na realización dos controis sobre o terreo das axudas por superficies e declaración de superficies forraxeiras, campaña 2000-2001.

b) Lotes: non cabe a división por lotes.

c) Lugar de execución: nas catro provincias de Galicia.

d) Prazo de execución: desde a adxudicación ata o 30 de setembro para a primeira fase, e o 31 de outubro de 2000 para a segunda.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: por concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 26.016.480 ptas.

5. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 1.040.659 ptas.

6. Obtención de información e documentación.

Solicitude de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, así como o modelo de proposición económica, estarán á disposición dos interesados na

Secretaría do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia (Ilgga), Rúa dos Irmandiños, s/n, 15704, Santiago de Compostela.

Teléfono: 981 54 62 60.

Fax: 981 54 61 91.

Data límite de obtención de documentos e información: a do remate do prazo para presenta-las proposicións.

7. Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

Data límite: o oitavo día natural seguinte ó da publicación no DOG deste anuncio.

Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: no rexistro xeral do Ilgga, co enderezo indicado no punto 6.

Prazo de obrigado mantemento da oferta: tres meses desde a apertura da proposición económica.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura das proposicións:

As proposicións económicas abriranse, en acto público, na sala de xuntas do Ilgga, no enderezo sinalado no punto 6, ás 12 horas do sexto día natural seguinte ó do remate do prazo para presenta-las proposicións, agás cando sexa sábado ou festivo; neste caso, a apertura en acto público terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

10. Gastos do anuncio:

Serán por conta do adxudicatario os gastos que ocasione a publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2000.

Antonio Crespo Iglesias

Director do Instituto Lácteo e Gandeiro de Galicia