Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 30 de xuño de 2000 Páx. 10.300

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se acorda o sinalamento para a celebración da poxa de bens inmobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral, do 24 de abril de 2000, o alleamento en poxa pública dos bens inmobles embargados no procedemento de constrinximento pola zona de recadación de Vigo como da propiedade do debedor José M. González Besada, NIF 76.988.072-B, que a continuación se describen:

Lote 1.

Urbana: referencia catastral 4624410NG1642S0001/DI.

Situación: avenida Praia Ladeira-Sta. Cristina, O Suelo-Baiona.

Superficie: 1.125 m.

Tipo: 562.500 ptas.

E, de conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona,

DISPOÑO:

Que, o día 20 de xullo de 2000 ás 12 horas, na zona de recadación de Vigo, r/ Areal nº 62, local 3, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, se celebre a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

Primeiro.-Que figura en poder da zona de recadación de Vigo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames preferentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistentes, entendéndose que o rema

tante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Segundo.-Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

Terceiro.-Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

Cuarto.-Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

Quinto.-Que se admitirán ofertas en sobre pechado, debendo axustarse ó disposto no punto 3º do artigo 147 do Regulamento xeral de recadación.

Sexto.-Que se realizará unha segunda licitación cando a mesa, ó remata-la primeira, o xulgue pertinente, así como que se poderá realiza-la súa adxudicación directa cando os bens non fosen adxudicados na poxa.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2000.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos