Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 30 de xuño de 2000 Páx. 10.300

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se procede a substituí-la autorización que a prol do Banco de Asturias existía para actuar como entidade colaboradora na xestión recadatoria pola do Banco Sabadell.

Procedéndose, por sucesión empresarial, á denominación de Banco de Sabadell das oficinas de que dispoñía na Comunidade Autónoma de Galicia o Banco de Asturias.

Acórdase valida-la autorización número 20, concedida ó Banco de Asturias, para actuar como entidade colaboradora na xestión recadatoria, a prol do Banco de Sabadell.

Contra a presente resolución poderá interpor, a teor do disposto polo artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Facenda, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2000.

María Casais Mira

Directora xeral de Tributos