Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 30 de xuño de 2000 Páx. 10.300

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE NEGREIRA

EDICTO (168/1999).

Eu, María Luisa Montejo García, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Negreira, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas nº 168/1999 seguido ante este xulgado por unha falta contra a orde pública, se acordou citar a José Manuel Basante Barral ó presente xuízo de faltas, que terá lugar o vindeiro día dezasete de outubro de dous mil, ás 10 horas, baixo apercibimento de que, de non comparecer, recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que conste e lle sirva de citación a José Manuel Basante Barral, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Negreira, o seis de xuño de dous mil.

A secretaria

Rubricado