Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Venres, 30 de xuño de 2000 Páx. 10.274

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Faro de Vigo, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Faro de Vigo, S.A., con nº de código 3600642, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-5-2000, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 5-5-2000. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 19 de maio de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Texto do convenio colectivo de Faro de Vigo, S.A.

e os seus traballadores para 2000

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O ámbito de aplicación do presente convenio é o da empresa e por iso afecta unicamente os centros de traballo de Faro de Vigo, S A.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio afecta a totalidade do persoal fixo que preste servicios na empresa, tanto se realiza unha función técnica ou administrativa como se só presta un esforzo físico ou de atención. O persoal de calquera categoría que no sucesivo entre a prestar servicios na empresa, quedará sometido a este convenio.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

As normas deste convenio terán vixencia desde a data da súa publicación ata o 31 de decembro de 2000. Non obstante, os efectos económicos comezarán desde o primeiro de xaneiro último e ata o 31 de decembro de 2000.

Artigo 4º.-Denuncia do convenio.

Extinguido o período de vixencia, o convenio entenderase prorrogado de ano en ano, perdendo vixencia soamente as súas cláusulas obrigacionais, manténdose en vigor o seu contido normativo, salvo se algunha das partes que o subscribisen o denunciase cunha antelación de tres meses á expiración da súa vixencia ou de calquera das prórrogas.

Artigo 5º.-Vixilancia e cumprimento do convenio.

De conformidade co establecido no artigo 85 d) do Estatuto dos traballadores, constituirase unha comisión paritaria para a vixilancia e cumprimento deste convenio, que estará integrada por tres representantes designados pola empresa e tres traballadores designados polo comité.

Artigo 6º.-Réxime de traballo.

É facultade exclusiva da empresa canto se refire á organización práctica do traballo nela. Por conseguinte, á empresa correspóndelle a distribución do persoal, conforme a súa categoría profesional e ó cambio dos seus labores, cando por causas xustificadas así o aconselle o interese da propia empresa.

Igualmente será facultade da empresa modifica-los horarios de todos e cada un dos traballadores por conveniencia do servicio, logo de informe ó comité de empresa. De existir disparidade de criterios, someteríase á aprobación da xurisdicción competente.

A xornada de traballo na empresa é a sinalada no artigo 71 da ordenanza laboral de traballo en prensa, co criterio semanal do Estatuto dos traballadores.

Artigo 7º.-Clasificación de persoal.

Segundo a permanencia ó servicio da empresa e función desempeñada, será clasificado o persoal que preste a súa actividade nela. Clasificarase en fixo e a tempo parcial ou formalizando contratos de duración determinada.

Persoal fixo: é aquel que precisa de modo permanente para realizar traballos de tal carácter.

Persoal contratado a tempo parcial ou con contratos de duración determinada: son os definidos e a que se refiren os artigos 12 e 15 do Estatuto dos traballadores, en relación coas disposicións vixentes de concordancia.

Artigo 8º.-Organización da producción.

As partes que interveñen neste convenio, empresa e traballadores, determinan de común acordo que a productividade, tanto da man de obra como a dos demais factores que interveñen na empresa, constitúe un dos medios principais para a elevación do nivel de vida.

Artigo 9º.-Retribución do persoal.

As cantidades percibidas polos traballadores o 31 de decembro de 1999, que corresponden a conceptos retributivos que veñen sendo mellorados polo convenio colectivo do dito ano e anteriores, aumentaranse nun 2,40% (dous con corenta por cento) desde o 1 de xaneiro e ata o 31 de decembro de 2000.

Artigo 10º.-Complemento de nocturnidade.

Os traballadores que dun modo continuo ou periódico presten os seus servicios entre as 22 e 6 horas, percibirán en concepto de complemento de nocturnidade o 20% do salario ordinario. Este complemento, nas diversas modalidades e contías establecidas, regularase polo disposto no artigo 60 da ordenanza laboral de traballo en prensa, aprobada por Orde do 9 de decembro de 1976, rectificada, e a nova redacción dada ó dito texto legal pola Orde do 23 de maio de 1977.

Non obstante, percibirase o complemento de nocturnidade na vacación anual regulamentaria que regula o artigo 63 da citada ordenanza, pola mesma cantidade cá acreditada no anterior mes de actividade normal a aquel no que se desfrute esa vacación regulamentaria de 30 días naturais ininterrompidos.

Artigo 11º.-Permisos.

As ausencias ó traballo con dereito a remuneración que, logo de aviso e xustificación-o Real decreto lexislativo 1/1995, lle concede ó traballador en caso de enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade, establécese por un período de tres días, ampliable a cinco días se necesita facer un desprazamento para o efecto. Así mesmo, a ausencia prevista por causa de traslado de domicilio do artigo 37.3º c) do Estatuto dos traballadores, con dereito a remuneración, establécese en dous días.

Artigo 12º.-Vacacións.

Todo o persoal suxeito a este convenio desfrutará dunha vacación anual retribuída de 30 días naturais ininterrompidos, de acordo co artigo 63 da vixente ordenanza laboral de traballo en prensa e, precisamente, entre os meses de maio a outubro, ambos incluídos. A empresa incrementará este período de vacacións en tantos días laborables (para desfrutar separadamente dos 30 regulamentarios) como festas aboables e non recuperables traballase o traballador.

A empresa e os traballadores conveñen en que o período de desfrute das vacacións se acordará por seccións; en caso de non chegarse a un acordo entre os traballadores, acudirase a solicitar resolución da xurisdicción competente. Igualmente, o calendario de vacacións da empresa deberá quedar fixado antes do 31 de marzo de cada ano.

Así mesmo concédeselle unha bolsa a todo o persoal, na data de comezo das súas vacacións regulamentarias, que será de 117.000 (cento dezasete mil) pesetas brutas, para o persoal que realiza unha xornada de 6 horas; e de 37.200 (trinta e sete mil

duascentas) pesetas brutas para o que realiza unha xornada de 2 horas.

Artigo 13º.-Pagas extraordinarias.

Aplicarase o disposto no artigo 62 da vixente ordenanza laboral de traballo en prensa.

A empresa aboaralles ós traballadores unha paga extraordinaria, por importe dunha mensualidade, cada dez anos, a partir do momento en que cumpran vinte anos de antigüidade na empresa, é dicir cando cumpran 20, 30, 40, etc. anos de antigüidade.

Artigo 14º.-Participación en beneficios.

Aboaranse segundo o establecido no artigo 65 da ordenanza laboral de traballo en prensa.

Artigo 15º.-Complemento por enfermidade ou accidente.

En caso de baixa por enfermidade ou accidente de traballo, o persoal percibirá unha cantidade complementaria (consistente na diferencia entre as remuneracións líquidas que percibe en activo e as percepcións que lle corresponden da Seguridade Social), nas datas que a xuízo do servicio médico da empresa non se encontre en condicións de asistir ó traballo a causa de enfermidade ou accidente.

Artigo 16º.-Axudas por falecemento.

Por causa de falecemento do traballador, cónxuxe ou fillos que convivan ás súas expensas, a empresa satisfaralles ós seus herdeiros legais a cantidade equivalente a tres mensualidades netas, servindo de base para o cálculo desta axuda a última mensualidade pagada. Cando faleza o traballador, cónxuxe, fillos, fillos políticos, pais ou pais políticos, condonarase o total da nota necrolóxica publicada e da de gracias, no tamaño habitual de tres columnas. Estas dúas notas necrolóxicas serán tamén condonadas ós xubilados e ós seus cónxuxes.

Nos mesmos casos a nota necrolóxica do primeiro cabo de ano será gratuíta. No caso de familiares de segundo grao, bonificarase co 50%.

Artigo 17º.-Xubilación forzosa e pensión complementaria de xubilación.

1. A xubilación será obrigatoria ós 65 anos para o persoal afectado por este convenio, sempre e cando o traballador reúna un período mínimo de cotización que lle permita alcanza-lo 80% da base reguladora e sexa requirido pola empresa para tal fin. Por cada xubilación forzosa, a empresa obrígase a formalizar un contrato indefinido de calquera categoría, nos seis meses precedentes ou posteriores á data da xubilación forzosa.

2. Recoñecemento: o persoal que ingresase na empresa con anterioridade á sinatura do convenio colectivo para 1995, terá dereito ó recoñecemento dunha pensión complementaria e con cargo á empresa, se no momento de obte-la pensión de xubilación do réxime da Seguridade Social, ten 64 anos de idade e 20 anos, como mínimo, de servicio na empresa.

3. Requirimento de xubilación: o persoal con 64 anos e 34 anos de servicio, poderá ser requirido pola dirección da empresa para que solicite a xubilación. Se o traballador se negara a acepta-lo requirimento de xubilación que a dirección da empresa lle formule, perderá os beneficios deste complemento.

A empresa queda facultada para xubilar coa pensión máxima complementaria de xubilación o persoal con 64 anos de idade, sen que reúna ningún outro requisito. Neste último caso, o acordo da dirección da empresa seralle comunicado ó comité de empresa en pleno e este poderá solicita-la súa revisión da dirección.

4. Contía: a contía da pensión complementaria de xubilación de cada traballador que acredite este dereito será igual ó importe da diferencia entre o resultado de aplica-la porcentaxe de pensión que lle corresponda, segundo anos de servicio á empresa, ó total dos percibos líquidos por tódolos conceptos (excepto as horas extraordinarias e o complemento funcional dominical) e as prestacións que por este concepto lle sexan recoñecidas na Seguridade Social, por aplicación da Lei de pensións, do 31 de xullo de 1985 e Real decreto 1799/1985, do 2 de outubro, que a desenvolve.

As porcentaxes de pensión, segundo os anos de servicio, son os seguintes:

Anos de servicioPorcentaxe

2080,00%

2181,42%

2282,84%

2384,26%

2485,68%

2587,10%

2688,52%

2789,94%

2891,36%

2992,78%

3094,20%

3195,62%

3297,04%

3398,46%

34100,00%

Non son aplicables, por tanto, os beneficios aquí establecidos para o persoal que ingresase na empresa con posterioridade á sinatura do convenio colectivo de 1995.

Artigo 18º.-Transporte.

O complemento de transporte será incrementado de xeito que as actuais 465 (catrocentas sesenta e cinco) pesetas que percibe por día cada traballador afectado, pasarán a ser 477 (catrocentas setenta e sete) pesetas por día que acuda ó traballo e con efectos retroactivos ó 1 de xaneiro de 2000.

Tamén con efecto retroactivo ó 1 de xaneiro de 2000 e por cada día que acudan ó traballo, os traballadores que viñan desfrutando do complemento de transporte en contía de 228 (duascentas vinteoito)

pesetas, pasarán a percibir 234 (duascentas trinta e catro) pesetas por este concepto.

As repartidoras percibirán a cantidade de 102 (cento dúas) pesetas por cada día que acudan ó traballo e en concepto de complemento de desprazamento, con efecto 1 de xaneiro de 2000.

Artigo 19º.-Condicións máis beneficiosas.

Serán respectadas tódalas condicións establecidas que sexan máis beneficiosas para o traballador.

Artigo 20º.-Compensación, absorción e vinculación á totalidade.

As melloras económicas que establece este convenio serán absorbidas e compensadas en cómputo anual pola empresa, de conformidade coa lexislación vixente, con calquera mellora de calquera clase e xénero que fose incluída, toda clase de primas, incentivos, complementos, gratificacións, horas extraordinarias e percepcións análogas establecidas ou que voluntariamente se pactasen neste convenio colectivo, contrato individual de traballo ou costume.

Queda expresado, acordado e convido, que as melloras de toda índole que, no futuro sexan concedidas por disposición legal, serán soamente aplicables no caso de que sexan superiores ás contidas neste convenio e só no que exceda; ou sexa, serán absorbidas e compensadas en cómputo anual ata o exceso.

Ámbalas partes conveñen en que as normas deste convenio constitúen un todo orgánico e indivisible.

Artigo 21º.-O salario base.

Das categorías profesionais establecidas no artigo 53 da ordenanza laboral de traballo en prensa vixente, aprobado por Orde do 9 de decembro de 1976 (rectificada), queda substituído polos que se relacionan na seguinte táboa, resultante de incrementar nun 2,40% os salarios vixentes ó 31-12-1999 e cun aumento que se detrae do complemento convenio devengado polos traballadores:

CategoríasPesetas

TécnicosMensual

Técnico titulado de grao superior181.691

Técnico titulado de grao medio109.898

Técnico non titulado96.487

Dibuxante proxectista90.174

Radiotelegrafista97.538

Radiotelefonista80.062

RedacciónMensual

Subdirector181.691

Redactor xefe160.442

Redactor xefe de sección143.317

Redactor121.208

Axudante de primeira108.058

Axudante preferente95.435

Locutor95.435

Axudante83.863

Discjockey83.863

AdministraciónMensual

Xefe de sección121.208

Xefe de negociado108.058

Oficial primeira95.435

Oficial segunda83.863

CategoríasPesetas

Auxiliar77.946

Aspirante (16-18 anos)77.946

Xefe de equipo e informática121.208

Xefe de máquinas108.058

Servicios auxiliaresMensual

Telefonista77.946

Encargado de almacén95.435

Almaceneiro77.946

Cobrador-pagador77.946

Axente de vendas (Ax. informativas)77.946

Persoal subalternoMensual

Conserxe77.946

Porteiro77.946

Ordenanza77.946

Ciclistas e motoristas77.946

Gardas, serenos e vixilantes xurados77.946

Pesador basculeiro77.946

Mozo77.946

Persoal de limpeza77.946

OPERARIOS

Oficios propiosDiario

Xefe de taller (rexente)4.080

Xefe de sección3.684

Xefe de equipo3.212

Corrector3.097

Atendedor2.659

Composición, reproducción e impresiónDiario

Oficial primeira2.950

Oficial segunda2.659

Oficial terceira2.595

Reparación e montaxeDiario

Oficial primeira2.950

Oficial segunda2.659

Oficial terceira2.595

ManipuladoDiario

Oficial primeira2.659

Oficial segunda2.659

Oficial terceira2.595

Embuchadores maiores de 18 anos2.595

Especialistas2.595

Oficios auxiliaresDiario

Oficial primeira2.659

Oficial segunda2.595

Oficial terceira2.595

AprendizaxeDiario

Aprendiz de terceiro ano (con 18 anos de idade)2.595

Aprendiz de segundo ano (con 18 anos de idade)2.595

Aprendiz de primeiro ano (con 18 anos de idade)2.595

Peóns2.595

DistribuciónDiario

Xefe de vendas2.659

Axudante2.595

Atador2.595

Distribuidor2.595

Vendedor a xornal2.595

RepartoDiario

Repartidor (dúas horas)865

Os linotipistas, teclistas, perforistas preferentes e correctores, percibirán 30 pesetas máis diarias sobre as súas respectivas retribucións da táboa de salarios.

Os xornalistas percibirán ademais, unha asignación mensual de 7.650 pesetas, denominada complemento artigo 48.

O soldo base dos subdirectores, redactores xefes, xefes de sección e redactores que presten servicios en réxime de libre disposición, incrementarase nun 35%, como mínimo, do sinalado na táboa.

Artigo 22º.-Horas extraordinarias.

De conformidade coa Orde do 1 de marzo de 1983, sobre cotización adicional á Seguridade Social por horas extraordinarias e para os efectos do disposto no artigo 7 do Real decreto 92/1983, do 19 de xaneiro e Real decreto lei 1/1986, do 14 de marzo, a empresa e os seus traballadores, representados polo comité que intervén na negociación deste convenio, pactan:

A) Entenderase por horas extraordinarias estructurais as necesarias por pedidos imprevistos, períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda e outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade de prensa, isto é:

-As necesarias nas distintas seccións do xornal para lograr tódolos días de publicación a composición, confección, reproducción, impresión, peche e distribución dos exemplares que compoñen a tirada, tanto na ordinaria como nas edicións especiais, números extraordinarios e suplementos.

-As necesarias por ausencias imprevistas de enfermidade ou accidente de traballo.

-As necesarias por cambios de quenda, implantación tecnolóxica, adestramento, perfeccionamento dos traballadores e adaptación ás novas técnicas de traballo en prensa.

-As necesarias para traballos extraordinarios de reparación, montaxe e limpeza de maquinaria de nova adquisición.

-E, calquera outra de natureza análoga, sempre que non poidan ser substituídas pola utilización das distintas modalidades de contratación previstas legalmente.

B) As representacións empresariais e do comité aceptan o contido e comprométense á observación da Orde do 1 de marzo de 1983, aludida anteriormente.

Artigo 23º.-Desfrute do exemplar gratuíto.

Os traballadores seguirán desfrutando do exemplar gratuíto despois da súa xubilación e, en caso de falecemento do traballador, desfrutarao o cónxuxe sobrevivente.

Artigo 24º.-Seguro colectivo de vida.

Os traballadores de Faro de Vigo, S.A., mentres permanezan no cadro de persoal da empresa, en situación activa, quedarán acollidos a un seguro de vida que cubrirá o risco de morte por causas naturais ou de accidente e de invalidez, por importe dun millón cincocentas mil pesetas.

Artigo 25º.-Complemento funcional dominical.

As cantidades que perciben determinados traballadores da empresa por este concepto terán carácter de incentivo polo traslado do descanso semanal regulamentario; incrementaráselle este complemento en 500 (cincocentas) pesetas ó persoal de xornada completa e, en 175 (cento setenta e cinco) pesetas, ó persoal de reparto. Ámbolos aumentos desde o primeiro de xaneiro e ata o 31 de decembro de 2000.

Artigo 26º.-Nóminas.

Os traballadores de Faro de Vigo, Sociedade Anónima ratifican a súa conformidade co formato de nómina que actualmente se está utilizando.

Artigo 27º.-Unidades de negociación.

A representación das partes que negociaron, aproban e subscriben o texto deste convenio, está constituída da seguinte forma:

Pola parte económica:

Carlos Fernández Pato.

Fernando Fernández Núñez.

Pola parte social:

Ramona Pereira Domínguez

Mª Luz Alonso González.

Mª Beatriz Iglesias Fernández.

Amaya del Olmo Legorburu.

Mª Begoña Márquez Rodríguez

Carlos Rúa Fernández.

Eduardo Rolland Etchevers.

Jaime Conde Guillade

Julio Bernardo González

Artigo 28º.-Cláusula derradeira.

Para todo o non previsto neste convenio aplicarase o disposto no procedemento legalmente establecido e nas disposicións laborais de carácter xeral.

Vigo, 5 de maio de 2000.

Pola empresa Polo comité

Rubricado Rubricado