Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 29 de xuño de 2000 Páx. 10.244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello, na súa sesión do 29 de maio de 2000, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización dunha parcela sita no lugar de Vite de Arriba (rúa dos Cabalos), promovido por Construcciones y Promociones Mogar Forte, S.L.

A unidade de actuación abrangue unha superficie de 3.359 m e linda:

Norte: parcelas segregadas 1, 2 e 4, segundo licencia de parcelación 1.785/1997 de Construcciones y Promociones Mogar Forte, S.L.

Sur: rúa dos Cabalos e monte indiviso da Torre.

Leste: monte indiviso da Torre.

Oeste: rúa dos Cabalos.

O expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o citado prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2000.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde