Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 29 de xuño de 2000 Páx. 10.244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO de contratación.

Obxecto: a contratación, mediante concurso, da obra de aforro enerxético en varios lugares.

Duración do contrato: tres meses.

Tipo de licitación: 20.000.000 de pesetas.

Prego de condicións: poderá ser examinado na secretaría do concello.

Garantías: provisional: 400.000 pesetas. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Presentación de plicas: durante os trece días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio.

Proposicións: sobre A denominado «Proposición Económica» para optar ó concurso da obra de aforro enerxético en varios lugares, xuntando a oferta económica. Sobre B denominado «Documentos», que conterá: empresario individual: copia DNI; se se actúa por representación: copia do poder, resgardo da fianza provisional, declaración de non estar incurso en causa de incapacidade, melloras ofrecidas e maior número das obras ofertadas sobre as establecidas no proxecto. Relación das obras realizadas para este concello nos 5 últimos anos. Informes ou referencias sobre a solvencia económica do licitador e modelo e prezo dos materiais ofertados.

Os gastos derivados da publicación deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Teo, 15 de xuño de 2000.

Armando Blanco Martínez

Alcalde