Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 29 de xuño de 2000 Páx. 10.244

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTA COMBA

EDICTO.

No BOP da Coruña nº 139, do día 19 de xuño de 2000, publícanse integramente as bases da convocatoria realizada por este concello para cubrir, en propiedade, as seguintes prazas:

Dúas prazas de administrativo (unha polo sistema de promoción interna e outra por oposición libre), encadradas na escala de administración xeral, subescala de administrativos, pertencentes ó grupo C.

Dúas prazas de policía local; ambas polo sistema de oposición libre, encadradas na escala de administración especial, subescala de servicios especiais, pertencentes ó grupo D.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no Boletín Ofical del Estado.

Os sucesivos anuncios relativos a esta convocatoria publicaranse unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste concello.

Santa Comba, 20 de xuño de 2000.

José Toja Parajó

Alcalde