Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 29 de xuño de 2000 Páx. 10.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de urbanización da rúa de nova apertura entre o camiño de San Brais e rúa Herminia Fariña Cobián.

A Comisión de Goberno, en sesión do 22 de maio do 2000 aprobou, con carácter inicial, o proxecto de urbanización da rúa de nova apertura, entre o camiño de San Brais e rúa Herminia Fariña Cobián, promovido, mediante iniciativa particular, por Construcuatro, Sociedad Anónima, de conformidade cun proxecto visado pola delegación en Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en data 9-12-1999, planos reformados de número 11', 2', 3' e o denominado Axonometría, cun visado colexial do 25-2-2000, e novos planos números 2'' e 3'', visados colexialmente en data 31-3-2000, anulando e substituíndo os seus correlativos anteriormente presentados, documentación toda ela redactada polos arquitectos Eugenio Jiménez Passolas, Gustavo Pérez Álvarez, Daniel Gómez Ayuso e José Vicente Rodríguez Pagán, dispoñéndose o seu sometemento a información pública.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no Diario Oficial de Galicia,calquera interesado poderá examina-lo expediente no Servicio Municipal de Urbanismo, Medio Ambiente e Patrimonio Histórico (rúa Churruchaos), e formula-las alegacións e xustificacións que estime procedentes.

Pontevedra, 31 de maio de 2000.

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral