Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 29 de xuño de 2000 Páx. 10.243

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEAREAS

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión levada a cabo o 23 de maio de 2000, acordou prestarlle aprobación inicial ó proxecto de urbanización para accesos ó campo de golf, en Pías, que ten como promotor a entidade Balneario de Mondariz, S.L. segundo proxecto redactado polo arquitecto Rafael Goicoechea Echaide.

O expediente sométese a información pública, polo prazo dun mes, para os efectos de reclamacións ou alegacións.

Ponteareas, 25 de maio de 2000.

José Castro Álvarez

Alcalde