Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 29 de xuño de 2000 Páx. 10.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONTERROSO

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Monterroso.

2. a) Obxecto do contrato.

Proxecto de pavimentación e servicios nas rúas acceso ó cuartel, A Paz, Santo Antón e explanación de Luis Pimentel.

b) Lugar de execución: Monterroso.

c) Prazo de execución: 6 meses.

d) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 12.257.646 pesetas.

Garantías.

Provisional: 244.153.

Definitiva: 4 por 100 do prezo de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

Concello de Monterroso, praza de Galicia, 1. Código postal: 27560, Monterroso (Lugo). Teléfono: 982 37 70 01.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, tomando como día para o inicio do prazo o seguinte ó da derradeira publicación.

b) Documentación que hai que presentar.

As proposicións presentaranse en dous sobres cerrados.

Sobre A, subtitulado Oferta Económica, que deberá formularse conforme o modelo que figura como anexo II do prego. Neste sobre incluirase, ademais, a documentación que se establece na cláusula 11.1 do prego.

Sobre B, subtitulado Personalidade Xurídica, que conterá a documentación á que se refire a cláusula 11.2 do prego de condicións.

Lugar de presentación: Concello de Monterroso, praza de Galicia, número 1. 27560 Monterroso (Lugo).

O prazo en que o licitador estará obrigado a mante-la oferta: un mes desde que remate o prazo de presentación.

c) Admisión de variantes: admítense a formulación de variantes, tanto cualitativas (mellora de cualidades) como cuantitativas (novas unidades de obra).

d) Criterios de adxudicación: o baremo para aplicar é o establecido na cláusula 14 do prego.

9. Apertura de plicas: no salón de sesións da Casa do Concello de Monterroso, ás doce horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario tódolos gastos que por este motivo se devenguen.

Monterroso, 19 de xuño de 2000.

Antonio Edelmiro Gato Soengas

Alcalde-presidente