Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Xoves, 29 de xuño de 2000 Páx. 10.242

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OROSO

ANUNCIO de concurso.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Oroso.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: execución da obra edificio con destino a comedor e usos auxiliares de gardería infantil.

b) Lugar de execución: lugar de Ulloa, s/n, Sigüeiro-Oroso.

c) Prazo de execución: 1 mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso conforme o prego-tipo de cláusulas administrativas aprobado polo pleno da Deputación provincial en sesión do 31 de marzo de 2000 (BOP número 77 do 3 de abril) utilizando como criterios de valoración os contidos na opción A do anexo IV.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 14.000.000 de pesetas (IVE incluído).

5. Pagamento.

Farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria nº 4.61.

6. Revisión de prezos.

Non procede.

7. Garantías.

Provisional: 2% do tipo de licitación.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

8. Requisitos do contratista.

Clasificación: non se esixe.

9. Presentación de proposicións.

a) Data límite de presentación: o décimo terceiro día natural, contado desde o seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP da Coruña.

b) Lugar de presentación: rexistro xeral do concello, das 9 ás 14 horas.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Apertura das ofertas económicas.

Terá lugar o quinto día hábil posterior a aquel en que remate o prazo de presentación de proposicións, ás catorce horas, ante a mesa de contratación, que previamente cualificará a documentación presentada. De coincidir en sábado a apertura, esta terá lugar o seguinte día hábil.

11. Modelo de proposición e do sobre.

Os sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

12.Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Oroso (secretaría).

b) Domicilio: praza do Concello, s/n.

c) Localidade e código postal: 15.884, Sigüeiro-Oroso.

d) Teléfono: 981 69 14 78. Telefax: 981 69 17 86.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata as 14 horas do día anterior ó de remate de la presentación de propostas.

13. Gastos de anuncios.

Por conta do adjudicatario.

Oroso, 20 de xuño de 2000.

Eugenio Neira García

Alcalde